mércores, 24 de setembro de 2014

Nas vacacións de verán paseino...

Ola coelerni!
Aquí vos deixo o noso primeiro mural! Nel permanecerán os recordos dun verán que cada vez está máis lonxe.









mércores, 10 de setembro de 2014

Benvida aos nenos e nenas de 5ºA




Chegou o día 10 de setembro...¿Xa toca voltar ao cole?

Ola,
Brais -  Iván - Andrea - Anxo - Ana - Anxo B. - Kevin - Celia - Vanessa - Antón - Mauro - Mikael - Carla - Pablo -  Noa-  Rebeca - José Víctor - Adrián -María del Carmen -  Lara  e  Yanira.




Seguro que o pasastes  moi ben no verán xogando cos vosos amigos/as, primos/as, indo á praia, viaxando, vendo debuxos animados,  superando niveis coa Wii, indo ás festas e facendo miles de cousas superdivertidas pero chegou a hora de voltar ao cole.

Aposto tamén que vos apetece coñecer  cal será a vosa clase, se virán compañeiros/as novos/a, ver á nova profe...teredes ilusión por empezar 5º, que xa sodes -case- os maiores do colexio; aprender cousas novas, xogar nos recreos...


Pois hoxe comeza a aventura! Benvidos e benvidas á clase de 5ºA!
Preparádevos porque para empezar imos bautizar ao noso grupo cun nome moi especial...

Para sabelo teredes que cooperar. 



Antes de atopar o noso nome, ímonos relaxar cunha canción e logo coñecerémonos un por un.
http://musicainfantilrianxo.blogspot.com.es/2010/11/cancion-moi-contento-escola-vou.html


Quen son os coelerni?

Os coelerni vivían aquí:



http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17247&

Presentámonos

Para presentarte guíate polos seguintes puntos:
  1. Nome e idade
  2. Lugar onde vivo
  3. Como son fisicamente
  4. Como é o meu carácter, personalidade
  5.  Aficións
  6. Asignaturas favoritas
  7. Calquera outra cousa que se me ocurra