xoves, 28 de setembro de 2017

Bombeiros e policía local

Onte tivemos un día do máis movido!
Empezamos a mañá traballando en clase pero ao cabo dunha hora chamaron por megafonía a tódolos cursos para baixar ao salón de actos. Alí escoitamos unha charla sobre educación vial que deu un policía local de Celanova e o testimonio de Félix, un rapaz que nos recomendou poñer  o cinturón cando viaxamos en coche e tamén dicirlle aos maiores que o fagan se algunha vez se esquecen. Para el foi moi importante porque sufriu un accidente de circulación  e como o levaba posto ese momento no foi tan grave como se non o levara. 

Logo no patio, pasamos polo posto dos bombeiros, fixemoso circuito de educación vial cos patinetes e colocáronos o chaleque antibalas na zona da poli local.

Fo un día no que aprendemos moitísimas cousas e do máis útil para a nosa vida diaria!












Os COELERNI traballamos cos ordenadores

Aquí están os COELERNI traballando cos ordenadores, entre outras actividades de clase. Pásano moi ben no colexio!



Caixa das presentaciós V

Seguimos coa rolda de presentacións. Desta vez Lucía, Paula, Simón e Jennifer foron @s que nos contaron a través de tres obxectos: afeccións, gustos...





martes, 19 de setembro de 2017

Presentación de Gabriela

Este curso chegaron dúas compañeiras novas procedentes do continente americano,concretamente  de Venezuela  e Estados Unidos. 
Hoxe  foi Gabriela a que nos contou moitas cousas interesantes da súa vida en Caracas e sobre todo,as súas comidas favoritas  e que tanto bota de menos.
















domingo, 17 de setembro de 2017

Somos nós

Así se ven os Coelerni de 5B  a si  mesmos.A ver si os recoñecedes. .. 





Maleta das presentacións III

Esta  vez foron  dúas  nenas  as que presentaron  3 obxectos  a toda a clase : Xiana e Sabela.