Este é o blogue dos nenos e nenas de 5º do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova. Curso 2023-2024
xoves, 28 de decembro de 2017
Libros esquecidos na clase
Bo día, Coeleni! Se te esqueciches o libro de Ciencias Sociais na clase...velaquí a solución! Déixovos un arquivo co tema en formato pdf. Podedes descargalo e imprimilo ou velo directamente desde o ordenador.
martes, 26 de decembro de 2017
Traballo de vacacións de Nadal
Ola, Coelerni!
Que tal vai a dixestión dos doces de Nadal? Eu, tal e como dixen, hoxe colgo as actividades para facer o tema 2 de Ciencias Sociais.
Facedes a portada do tema 2, coma sempre.
Lede o apartado correspondente polo libro e no mirando polo blog copiades todo o que está aquí debaixo completando o que falta en relación a ese apartado que acabades de ler.
Ás veces só tedes que copiar un texto, pegar unha foto ou facer un debuxo ou algunha actividade.
Facédelo na libreta, repito.
O tempo atmosférico
O tempo atmosférico é…
Os fenómenos que inflúen no estado da troposfera son…
Que o tempo atmosférico é moi variable quere dicir que…
Os elementos do tempo atmosférico son…
Copia as definicións dos elementos do tempo atmosférico.
Pega fotos ou fai debuxos dos instrumentos para medir elementos do tempo atmosférico. Escribe debaixo para que valen.
O clima
O clima é…
O clima depende dos seguintes tres factores…
Le o apartado “Taller de xeografía” sobre os climogramas e fai a actividade 7 .
As zonas climáticas do planeta
As zonas climáticas da Terra son aqueles territorios que teñen un clima parecido, con temperaturas e precipitacións similares cada ano.
No mundo hai tres zonas climáticas con temperaturas e precipitacións similares.
As zonas climáticas son…
Europa está na zona climática…
As paisaxes típicas europeas son dúas…
Os climas de España
Descarga a foto do esquema dos climas de España ou faille unha fotocopia ao teu libro ou copiao a man.
A continuación fai o mesmo co mapa dos climas de España.
Le as características dos climas de España que acabas de pegar na túa libreta.
O quecemento global
Algunhas actividades humanas poden acelerar un quecemento global e prexudicial da Terra.
O efecto invernadoiro natural permite que unha parte da calor do Sol quede na Terra e outra sexa devolta ao espazo, mentres que o efecto invernadoiro provocado polo ser humano fai que quede máis enerxía dentro da Terra e que aumente a temperatura global do planeta, o que se coñece como quecemento global.
Cita catro actividades humanas que provoquen o quecemento global…
As consecuencias do quecemento global no planeta son…
Fai a actividade 35 do apartado Repasa a unidade

luns, 18 de decembro de 2017
venres, 15 de decembro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)