luns, 15 de xuño de 2015

Saímos no periódio!

O 10 de xuño no Xornal Escolar, suplemento de La Región,  saiu a nova da entrega de premios literarios Manuel Sueiro.


venres, 5 de xuño de 2015

II Premio Manuel Sueiro





Hoxe, 5 de xuño de 2015, os Coelerni de 5ºA foron recoller ao CEIP Manuel Sueiro o premio á mellor adaptación do libro "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" de Luis Sepúlveda.
Na súa representación foron: Antón, Celia, Iván e Vanessa. 
Moitas grazas a Manuel, o papá de Celia, por levar aos catro coelerni a Ourense.

Foi un acto moi bonito: a directora presentou o evento e os nenos de infantil recitaron unhas adiviñas matemáticas e os de 1º contaron un conto de números precioso!



Para rematar entregaron o premio aos gañadores...

Os Coelerni! de CEIP Curros Enríquez de Celanova 

e aos finalistas do
 CEE O Pino.




Nós deixamos 3 exemplares de "A carballeira do tempo".

Fixéronse copias da nosa "Historia dunha gaivota... para tódolos Coelerni e ademais exemplares para a biblioteca dos dous colexios.





MOITAS FELICIDADES A TODOS E TODAS!





Para ver as fotos do acto, entrade na galería do Manuel Sueiro aquí.


https://lh3.googleusercontent.com/W1uLH6BGBsVUjGSjwSY3ZAwEeSA2ND7IkXN2qKcWgGE=w1200-h240-no

Se queredes ver a noticia na web do Manuel Sueiro clicade  na foto:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelsueiro/node/500