mércores, 24 de febreiro de 2021

Verbo

 

Este apartado va a entrar de forma práctica en el control, como en el ejercicio que hicimos en clase.

Del modo,  sólo el indicativo.





venres, 19 de febreiro de 2021

Venres

 Ciencias da Natureza:

Copiar esta teoría:


Os métodos anticonceptivos

Os métodos anticonceptivos utilízanse para evitar o embarazo. Os principais son os seguintes:

·        preservativo: é unha funda fina de látex que se coloca no pene e impide o paso dos espermatozoides aos xenitais femininos. Aínda que menos coñecido, tamén existe o preservativo feminino, que se coloca na vaxina. O preservativo é o único método eficaz para previr as enfermidades de transmisión sexual.

·        dispositivo intrauterino (DIU): ten forma de T ou áncora para axustarse á cavidade uterina.

·        As pílulas anticonceptivas: débense tomar cada día.

 

As enfermidades do aparato reprodutor

O aparato reprodutor pode padecer diferentes enfermidades que alteran o seu funcionamento e impiden a reprodución. Ademais, tamén pode sufrir enfermidades contaxiosas transmitidas xeralmente a través das relacións sexuais, as chamadas enfermidades de transmisión sexual (ETS). Moitas delas tamén se transmiten a través do sangue ou da nai ao feto durante o embarazo. Estas enfermidades son producidas por bacterias, fungos ou virus.

As máis común son: gonorrea,sífilis, papiloma humano, hepatite ou a sida.

A sida e a ETS máis coñecida producida por un virus chamado VIH (virus de inmunodeficiencia humana). Este virus ataca os glóbulos brancos, as células do sistema inmune encargadas de defendernos durante unha infección. Ao non poder defenderse, o corpo pode ser atacado por enfermidades que, en situacións normais, non serían graves, pero que nos pacientes con sida poden causar a morte.

SE XA COPIACHES AGORA VAI AO LIBRO E FAI AS ACTIVIDADES ONLINE DO TEMA

 

 

 

 

LINGUA GALEGA

Lectura tema 6 e actividades sobre a lectura na libreta.

domingo, 14 de febreiro de 2021

Entroido en 6ºA

 


Tarefas Entroido

Ciencias da Natureza

Copia  na libreta : 

2. As fases da reprodución

No ser humano, para que haxa reprodución deben unirse un óvulo e un espermatozoide.

O espermatozoide é a célula reprodutora masculina. O seu tamaño e estrutura permítenlle desprazarse.

O óvulo é a célula reprodutora feminina. É unha célula redondeada, de tamaño moito maior que o do espermatozoide.


Fai a continuación do que copiaches un debuxo dun espermatozoide (inclúe o nome das súas partes)  e dun óvulo. 





Matemáticas

Fai as fichas online (son autocorrexibles):

Ficha 1

Ficha 2


Divide na libreta: 18:4    72:5    30:4    55:2    181: 4    210:8



Lengua Castellana

 Copia en la libreta :






Ahora, si tienes tiempo  y te apetece puedes clicar en el enlace y escuchar alguno de estos cuentos populares o tradicionales que  segura ya conoces: cuentos clásicos


REPASO DE LC E DE LG:

LC:

  • Campo semántico y familia de palabras
  • Géneros narrativos I: mito, fábula, leyenda
  • Grados del adjetivo y formas irregulares
  • Acentuación
  • Textos literarios (no hay que memorizar, sólo reconocerlos)

LG:

  • Palabras primitivas e derivadas
  • Nome de todas as estrofas polo momento. 
  • Signos de puntuación (polo libro) menos o punto e coma.
  • Pronomes persoais

venres, 12 de febreiro de 2021

Poemas de amor

INSTRUCCIÓNS PARA SALVAR O SAN VALENTÍN....

  1. ELIXE UN POEMA
  2. CONSTRÚE O TEU CORAZÓN

  1. ESCRIBE O POEMA 
  2. ADÍCALLO A ALGÚEN DA TÚA FAMILIA OU AMIG@



 AMOR










AMIZADE









AMOR A GALICIA






Entroido

 





martes, 9 de febreiro de 2021

Orde do Meco para o mércores

 

Lembrade que é acumulativo.

Traballo para hoxe, martes

 Bos días, Super Corremundos!!

Pedide  que vos fagan fotos para poder  rexistrar o entroideiros que viñestes ao colexio!!!!


En MAtemáticas tedes que descargar a ficha chamada "martes" no tema 5 de EVA.EDIXGAL e facedes as actividades.

Se rematades repasades  Lengua Castellana porque a segunda ides ter unha  proba de estudo para ver se estades esforzándovos na casa.


Alumnos de Valores: MALALA

Un abrazo, 

Sonia.

Malala

 En relación aos dereitos humanos, propóñovos que coñezades a...Malala!





Lede nos seguintes enlaces un pouco sobre a súa emocionante vida e escribide sobre ela un texto no que inclúas fotos, vídeos e todo o que che chamou a atención sobre a súa vida.

Quen é Malala

Quen é (Wikipedia)




Podes escoitar o conto "O lapis de Malala" :

domingo, 7 de febreiro de 2021

Traballo para o luns

 Ola, Corremundos!

Aquí vos deixo as instruccións para o luns e o martes.


  1. Control de Ciencias da Natureza 💪👀😉
  2. Poñer nota aos temas de Matemáticas e Naturais ( non se arrincan)
  3. Facer no ordenador matemáticas seguindo o enlace: ficha
  4. Facer a portada de Ciencias da Natureza: Tema 4 "A función de reprodución no ser humano"
  5. Aproximación ao que imos investigar (clica aquí)
  6. Mans á obra (clica aquí)
  7. Se remataches de facer o pequeno traballo da Atlántida seguimos con Ciencias da Natureza: 
        Escribe o título: "As estapas da vida e os caracteres sexuais"
           A continuación escribe cales son as etapas da vida, cantos anos comprenden e as características básicas.  
Logo explica  como poden ser os caracteres sexuais e explica cada un deles. 
Xa na casa busca fotos de revistas ou fai debuxos de persoas que estean en diferentes etapas da vida.



DEBERES: 
Repasade LC e LG 

Pequena investigación sobre a Atlántida

 





Fai unha presentación en Impress na que plasmes a túa pequena investigación sobre a Atlántida. Lembra que tés que coidar a presentación, escribe só cousas que entendas, engade fotos, revisa a ortografía e ao final engade a webgrafía.


Información que debe conter:

  1. Que é.
  2. Quen foi o primeiro que falou da Atlántida e en que texto se atopa ese testimonio. Engade unha foto súa e as datas de nacemento, falecemento e lugares.
  3. Chamouse Atlántida en honor ao seu primeiro rei. Quen foi e como chegou a selo?
  4. Quen era o pai do rei Atlante?
  5. Como  se chaman os habitantes da Atlántida?
  6. Características dos Atlantes.
  7. Escribe unha pequena descrición da Atlántida.
  8. Segundo a lenda, a Atlántida desapareceu da noite para a mañá. Como se produciu esta desapararicións segundo as historias que se contan?
  9. Cal é o motivo da súa desaparición segundo estas historias e quen os castigou para sempre?
  10. Existiu realmente ou non?
  11. En que sitios se ten ubicado á Atlántida? Algún deles en España?
  12. Engade fotos que atopes interesantes.


Ficha de Matemáticas


Escribir números

Curiosidades sobre a Atlántida

 

Curiosidades sobre a Atlántida

  • No libro de Xulio Verne "Vinte mil leguas de viaxe submarino"  o Nautilos ademais de visitar Vigo tamén visita nos capítulos  IX, X e XI a Atlántida.
  • Sabías que hai películas sobre a Atlántida?
  • Relacionado con cómics:
  1. Aquaman, personaje de DC Comics, hijo de una reina atlante y del farero Tom Curry es el rey de Atlantis, reino sumergido de una raza de hombres capaces de respirar bajo el agua.

  1. Namor, personaje de Marvel, es también rey de otra versión de Atlantis.​


  1. Lori Lemaris, quien fuera novia de Superman, es asimismo una habitante de la Atlántida.

  1. En Arion, Lord of Atlantis, se retrata la Atlántida como una avanzada civilización basada en la magia en vez de en la ciencia.
  2. En El mal trago de Obélix, de la serie de cómics de Astérix y Obélix, se hace una visita a lo que queda de la Atlántida, en las Islas Canarias.


  1. El enigma de la Atlántida es un tebeo de los personajes Blake y Mortimer, con guion y dibujo de Edgar P. Jacobs.



VIDEOXOGOS  E A ATLÁNTIDA...

En la aventura gráfica Indiana Jones and the Fate of Atlantis, el arqueólogo Indy y la médium Sophia Hapgood buscan y llegan hasta la Atlántid.

En Assassin's Creed: Odyssey, el protagonista encuentra la Atlántida y se ve obligado a quedarse con la vara de Hermes Trimegisto hasta que llegue la heredera del recuerdo (Layla hassan).

El éxito mundial del juego de estrategia Age of Mythology llevó a Ensemble Studios a crear una expansión de este, la cual sería bautizada con el nombre de Age of Mythology: The Titans; en la misma la Atlántida ocupa un lugar importante en el desarrollo de las campañas, con su héroe Arkantos en el primer juego y Cástor, el hijo del anterior, en el segundo.

También aparece en Tomb Raider el Sción como tema principal de la trama del juego.

La expansión del juego que creó Sierra Entertainment titulada Señor de la Atlántida - Poseidón, como continuación de Zeus: Señor del Olimpo.

En Eternal Champions de Sega, el personaje de Trident es el príncipe de Atlantis.

Para Playstation, el videojuego de la película Atlantis: El Imperio Perdido (Atlantis: The Lost Empire)

En God of War: Ghost of Sparta, el protagonista Kratos, el Dios de la Guerra, debe viajar a la Atlántida para destruir su capital.

En Banjo Tooie una de las zonas a explorar en el mundo "Jolly Roger Lagoon" se trata de la Atlántida.


Bob Esponja: "Aventura na Atlántida"

venres, 5 de febreiro de 2021

Repaso

 

  1. Define pulmóns a partir destas ideas: onde se atopan, foma, textura, lóbulos.

  2. Músculos que interveñen na respiración.

  3. Procesos da respiración, cales son?

  4. Diferencia entre inspiración e expiración.

  5. Pon un título á imaxe:


 








  1. Asocia as enfermidades a aparato respiratorio ou aparato circulatorio. Explica unha de cada.

     

    hemofilia Resfriado leucemiade  Gripe cancro Bronquite arteriosclerose Neumonía Infarto Covid Asma Mal de montaña



  2. Fai un debuxo do corazón e coloca: aurículas, ventrículos, tabique, válvulas, veas , arterias .Colorea.

  3. Define: sístole, circulación pulmonar e vasos sanguíneos.

luns, 1 de febreiro de 2021

Ficha de repaso do tema 4 de Matemáticas

 



Construímos un barco para chegar a Rabat!


 

Actividade de LG

 

Localiza os pronomes persoais tónicos e átonos. Subliña cada un dunha cor:

1. Quen vos contou onte iso?

2. Encontreivos na casa almorzando.

3. Non mas poñas aí que estorban.

4. Ti escribe o que che pareza.

5. Déillelas porque non me servían.

6. Non chas quería nin regaladas.

7. Vostede faga o que queira.

8. Comigo aprenderás moito; logo, explicarasllo ao teu irmán.

9. Se non te convence, únete a nós.

10. Xa che llelo emprestei onte.

11. A ela recolleuna seu pai.

12. Non lles teñas medo, que non te van comer.

13. Vós nunca vos decatades do que pasa.

14. Veuno traer onte cando te ías.

15. Convosco, nós nunca chegaremos a nada.

16. Escapouche o can? Pois déixao ir en paz.

17. Moito lle me gusta o caldo de nabizas. 

18. O mellor será deixalos quedar así.

19. Este can non che me come nada.

20. Ponmo enriba da cadeira. 

21. Pontevedra xa che é peonil hai anos.

22. Ese discurso xenófobo non me convence. 

23. Xa volo contaramos mais non nos fixestes caso. 

Práctica problemas de Mates

 En una granja hay 600 animales. 2/5 son vacas, 1/6 son cabras y el resto ovejas ¿Cuántos animales hay de cada especie? ¿Qué fracción de ovejas hay?



En un colegio hay 150 alumnos. 2/5 están en Educación Infantil y los demás en Educación Primaria. ¿Cuántos alumnos hay en EI y en EP? De los alumnos de Educación Primaria 1/3 llevan gafas. ¿Cuántos alumnos llevan gafas en EP? ¿Qué fracción de alumnos lleva gafas?  



María tiene 40 años. Si a la mitad de sus años le sumo el triple de su edad y hago la décima parte del resultado obtengo la edad de su hijo Manuel. ¿Cuántos años tiene Manuel?