martes, 28 de setembro de 2021

Hora de ler

 Aproveitando o bo tempo saímos facer a nosa Hora de ler ao patio. Que pracer ler ao aire libre!













venres, 24 de setembro de 2021

Nome e logo para a nosa escolar de detectives

 Un dos retos era crear o nome da nosa escola de detectives e ter un logo propio. Despois de votar e pensalo moito aquí posan os gañadores orgullosos ca súa aportación.


O logo vai ser a fusión dos debuxos de Antón e Eilún e o nome elixido para a nosa escolar inventouno Airas: Detecquinto nos chamaremos a partires de agora,



venres, 17 de setembro de 2021

Cápsula do tempo e maleta das presentacións

Hoxe metemos nesta cápsula do tempo as cartas que escribimos ao noso eu futuro. Abriremolas o ultimo día de 6ª!!!



Continuamos contando cousas da nosa vida. Khady trouxo unha guitarra africana e falounos de Mariama Ba.



Antón trouxo os seus tres obxectos:









AAC









 

mércores, 15 de setembro de 2021

A nosa porta

 


Os primeiros días

 Estes primeiros días estamos coñecéndonos un pouco máis e descubrindo cousas sobre nós.







Cada neno/a trae 3 cousas que lle gusten moito e cóntanos por que. Chamámoslle a maleta das presentacións.

Aquí temos a Mateo, Naia e Nicolás:







martes, 14 de setembro de 2021

Letras artísticas

Ola, detectives!

Aquí vos deixo exemplos de letras para que fagades as vosas portadas dos cadernos e que podedes empregar para facer títulos.




domingo, 12 de setembro de 2021

Aspirantes a detective!

 Os nenos e nenas de 5ºB recibiron unha nota de  Sherlock Holmes na que os convida a participar nuns retos para acadar o carné de detectives. Serán capaces de superalos? Seguiremos informando.





sábado, 11 de setembro de 2021

Facendo equipo!


 

Estes primeiros días son moi importantes para nós, estamos adaptándonos ao novo curso e tamén aos compañeir@s xa que este ano tocou facer mestura de alumnado de quinto.
O que temos claro é que somos un EQUIPO e imos compartir moitas experiencias ao longo destes dous cursos que nos quedan antes de chegar ao instituto; o fío invisible que nos une fará que esteamos pendentes  uns dos outros, nos axudemos sempre que poidamos e por suposto nos respetemos e xuntos formemos ...

UN SÚPER EQUIPO DE DETECTIVES!

xoves, 9 de setembro de 2021

Benvida ao curso 2021/2022


Benvid@s á Escola de detectives de 5ºB :

Mateo, Naia, Nicolás, Antón, Manuel, Víctor, Antía, Pablo, Adrián, Nélida, Eilun, Mar, Airas, Dafne Xulia, Isai Javier, Khady, Nataxa e Lucas.

Hoxe dá comezo unha aventura na que vós sodes protagonistas. Espero que veñades con moitas ganas á escola porque desta clase sairán os mellores investigador@s da comarca!

Ide preparando o material, a lupa, a libreta de notas, os códigos secretos e ...

Un momento! Falta algo importante e é que algúns non me vistes nunca sen mascarilla! E eu a vós tampouco! :-(  Estamos en tempos do COVID19 aínda,  así que, para que saibades quen está detrás da mascarilla...

Agora si, que comece a aventura!