martes, 22 de decembro de 2020

Deberes de Nadal


  • Pide por Nadal o libro “ A chave da Atlántida”
  • Bota un ollo á guía de lectura da biblioteca por se che interesa algo.
  • Le un libro
  • Vive momentos xeniais en boa compañía e plásmaos na ficha “As miñas vacacións de Nadal 2020”
  • Aproveita para saber quen es e de onde procedes (árbore xenealóxica)
  • Cóntanos as túas vacacións de Nadal por escrito, nunha folla solta.
  • Matemáticas: suma alegría e multiplica momentos divertidos e compartidos, divide o teu tempo para facer moitas cousas como axudar na casa, falar coa túa familia, xogar...  e resta tempo aos videoxogos.
  • Tarefa voluntaria de Ciencias da Natureza: Aparato respiratorio (ver como se fai en https://eva.edu.xunta.gal/login/index.php ou buscar exemplos feitos en internet).

 



"Si tengo que cantar te lo digo cantando

Y te deseo una hermosa Navidad

Aunque para mí todos los días sean Nochebuena

Si tengo el amor que me das..."

 

domingo, 20 de decembro de 2020

O prato saudable

En Ciencias da Natureza estivemos traballando sobre o Prato saudable de Harvard. Todos os nenos e nenas fixeron o seu traballo. Aquí deixamos algunhas mostras...




venres, 18 de decembro de 2020

Traballo para a fin de semana

 Ola, Corremundos!


Aquí che quedan as instruccións para a fin de semana...


MATEMÁTICAS

  1. Comproba que tés toda a teoría copiada na libreta,
  2. Descarga o pdf " Deberes " e fai as actividades na libreta. Lembra copiar os enunciados e os debuxos.
TÉS QUE IR PARA FACER MATEMÁTICAS A EVA.EDU.XUNTA AO TEMA 4

CIENCIAS DA NATUREZA

  1. Ler o seguinte texto:


  1. Ver os vídeos/facer actividades



sábado, 12 de decembro de 2020

Preparación para os controis de Lengua Castellana e Lingua Galega

 Déixovos por aquí, aínda que xa o temos copiado na libreta,  a preparación para o control de LC e LG


LENGUA CASTELLANA e LINGUA GALEGA

  • Diptongo-Hiato
  • Palabras polisémicas-homófonas-parónimas
  • Punto, coma, signos interrogación y exclamación
  • Determinantes
  • Adjetivo 
  • Literatura: métrica, rima, tipo de versos.
  • Frases hechas.
  • Teoría de lo más importante (lo hablamos ya en clase)

Nota: -Nun dos controis porase un texto con preguntas sobre el.
          -Nos controis as faltan penalizan (0,10 cada falta)




El adjetivo

 




mércores, 9 de decembro de 2020

O prato para comer saudable (Harvard)





El Plato para Comer Saludable, es una guía para crear comidas saludables y equilibradas.

Haz que la mayoría de tus comidas sean vegetales y frutas – ½ de tu plato: vegetales y frutas

·         ¼ de su plato: granos integrales

·         ¼ de su plato: proteína

·        Aceites de plantas saludables – en moderación:

·        Toma agua

·        Mantente activ@:

El mensaje principal de El Plato para Comer Saludable es enfocarse en la calidad de la dieta.


 

sábado, 5 de decembro de 2020

A excreción (Tema 2 de CN)

 Se queres ver como funciona o aparello excretor aquí deixo uns vídeos  moi interesantes:



Naturais (traballo de venres)


A excreción

A excreción consiste na expulsión, por parte do corpo, das substancias de refugallo que non necesita ou que poden resultarlle perxudiciais.

 

O noso organismo elimina os refugallos  de distintas formas:

    O dióxido de carbono  do sangue elimínase a través do aparato respiratorio.

    O resto de refugallos elimínase no ap. excretor que  está formado por:

O sistema urinario: está formado polas vías urinarias (uréteres, vexiga e uretra) e os riles.

 


Riles: dous órganos con forma de feixón que se encargan de filtrar o sangue. 

Uréteres: son dous tubos que comunican os riles coa vexiga.

Vexiga urinaria: cavidade musculosa con forma de bolsa que almacena a urina.

Uretra: conduto que comunica a vexiga co exterior.

  

A pel: é o maior órgano do corpo humano. As glándulas sudoríparas segregan suor, unha mestura de toxinas e auga, que é expulsada ao exterior do corpo a través dos poros da pel. A suor tamén regula a temperatura corporal.









 

Ficha para repasar os temas 1,2 e 3 de mates