martes, 5 de decembro de 2023

Martes

2ª hora: Matemáticas

Creo que onte non rematastes de facer todo así que hoxe continuades
Pegades a teoría e facedes do libro de mates da páxina 46-47  as actividades 1,2,4 e 5. 





3ª hora :Ciencias Sociais

Localizar non mapa de cor:
-Serras Orientais e sudorientais
-Serras setentrionais
-Serras Centrais
-Depresións
-Chairas
-Vales

Pintade no mapa mudo que pegastes na librete de cor marrón as serras (só pintar, non hai que escribir nada)

Se non aparece algo, podedes buscalo en internet 

Tedes que saber identificalas no voso mapa mudo de memoria.



4º hora: LG

-Ler a fotocopia que pegastes de literatura, sobre todo entender a rima
-Ler o poema que tamén pegastes "A fala" de Manuel María, localizar as palabras que riman e rodealas.
Lembre que te tés que fixar só na última palabra de cada verso. Mira o exemplo:



Agora se xa rematastes practicádea por equipos e intentade facer unha gravación en Audacity cada equipo da poesía. Organizádevos como queirades. Intentade editar o poema se vos chega o tempo e poñer unha musica de fondo. Aprendede todos e todas a facelo, axudádevos..


BÓTOVOS DE MENOS E TEÑO MOITAS GANAS DE ESTAR AÍ, CON VÓS...
BIQUIÑOS XIGANTES,
SONIA



luns, 4 de decembro de 2023

Luns

 Bos días!

Sentíndoo moito esta semana non nos imos ver. Estou enferma e aínda que me lembro moitísimo de vós éme imposible ir ao colexio. 😓

Póñovos tarefas para facer...


2ª hora e 3ª hora: LC

- Corrixir actividades de deberes (está a profe Patri)

-Descargar caderniño de palabras homófonas no ordenador e lelo

-Facer actividade online: palabras homófonas

-Pegar actividade na libreta e facela (é a mesma que acabas de facer online)


Taller de expresión escrita:

Por parejas o como mucho tríos (si falta alguien) elegís a un profe y hacéis su descripción.

No podéis poner su nombre ya que habrá que adivinar de qué profe estáis hablando.

Esto en una hoja suelta.


4ª hora -Matemáticas:

Corregir divisiones

Portada tema 3: Las fracciones

Pegar teoría, leer y hacer actividades del libro: 1,2,4 y 5.




venres, 17 de novembro de 2023

Taller de escritura: redacción alfabética

 

Taller de escritura:

La redacción alfabética




Aquí quedan los frutos de nuestros trabajos de expresión escrita. El reto era crear un texto donde cada palabra empezara por una letra del abecedario y de forma ordenada.

Fue complicado pero con el diccionario en mano nos pasamos un buen rato. 😃
























domingo, 15 de outubro de 2023

Novas incorporacións

 Esta semana uniuse unha nova compañeira ao noso grupo. Chámase Carla e vén de Suíza aínda que sabe falar moi ben o castelán.

Por outra banda tamén coñecemos a Cliona, a auxiliar de inglés coa que imos aprender moito a comunicarnos nesa lingua.

Foi unha semana fantástica!







xoves, 12 de outubro de 2023

mércores, 11 de outubro de 2023

4 de outubro: Día dos animais

Hoxe conmemórase o Día Mundial dos animais e se queredes saber o traballo final que fixemos teredes que escoitalo!
Como somos baleas, fixemos un pequeno traballo sobre elas a partir duns vídeos e de cada equipo de traballo saiu elixido un membro para ir gravar á emisora de radio un pódcast sobre o día 4 de outubro.
Estamos encantados co resultado final!



Escoitar aquí o pódcast















martes, 10 de outubro de 2023

Rematamos as nosas presentacións

 Hoxe rematamos as nosas presentacións persoais.

Ao pouco de comezar o curso cada un de nós fomos contando cousas da nosa vida e para iso trouxemos a clase 3 obxectos cos que nos identificamos. Así foi transcurrindo o tempo ata hoxe no que Sebastián rematou a ronda.



















venres, 29 de setembro de 2023

Aniversarios de setembro

Hoxe quixemos ter un detalle con Ixchel que estivo de aniversario o día 7 de setembro. Escribímoslle moitas cousas bonitas, cantámoslle e achuchámola moito!!!!

Moitísimos parabéns, Ixchel!