luns, 26 de febreiro de 2018

Luns, 26


Bo día, Coelerni de 5ºB:

Polo momento  hoxe tampouco non pisarei a clase pero dende a distancia suxírolle á profe ou ao profe que vaia con vós o seguinte:

Colocádevos en grupos de 4 como estabades a semana pasada pero co seguinte cambio só por hoxe: Adán  ocupa o sitio de Aitor e Aitor o sitio de Jeniffer (que se vai para a mesa que está ao lado da profe), Andrés senta no sitio de Adán.

1ª HORA - MATÉMATICAS - rematar-
Página 123 nº 13-16-17 
Página 132 nº1,2,3 y 4

2ª HORA - LENGUA CATELLANA
Lectura tema 7
Páginas 108 y 109  escritos: 1,7,8,9,10,11 y 13 ( incluye las etiquetas de los libros como si estuvieran en la biblio).
El resto son orales.

Se alguén remata: HORA DE LER

3º HORA - MÚSICA

ATENCIÓN VOLUNTARI@S DE BIBLIOTECA: Poñédevos dacordo para formar 3 tríos. Mañá na Hora de ler iredes  falarlle a outros nenos e nenas de Rosalía. Para iso usaredes esta presentación sobre o que traballastes o venres na biblio. Cada persoa lería unha frase e facédeo coma se forades locutores de radio, teatralizando a presentación. Practicade durante o recreo da mañá e na casa. É moi sinxelo. A presentación é esta (tamén está no blog de biblio):

venres, 23 de febreiro de 2018

Venres 13+10


Bo día, Coelerni de 5ºB:

Polo momento non pisarei a clase pero dende a distancia suxírolle á profe ou ao profe que vaia con vós o seguinte:

Colocádevos en grupos de 4 como estabades a semana pasada pero co seguinte cambio só por hoxe: Adán  ocupa o sitio de Aitor e Aitor o sitio de Jeniffer (que se vai para a mesa que está ao lado da profe), Andrés senta no sitio de Adán.

1ª HORA - MATÉMATICAS
Página 123 nº 13-16-17 
Página 132 nº1,2,3 y 4

2ª HORA - CIENCIAS SOCIAIS
Páxina 51 nº 1,2,3 e 4
Ao rematar: estudo do mapa político de España: 
  • Comunidades Autónomas e capitais
  • Comunidades Autónomas e provincias

Se alguén remata: HORA DE LER