venres, 29 de setembro de 2023

Aniversarios de setembro

Hoxe quixemos ter un detalle con Ixchel que estivo de aniversario o día 7 de setembro. Escribímoslle moitas cousas bonitas, cantámoslle e achuchámola moito!!!!

Moitísimos parabéns, Ixchel!















martes, 12 de setembro de 2023

Primeiros días

Que ilusión este primeiro día de 5º!
Coñecín ao meu novo alumnado, fixemos xogos para facer equipo, traballamos nalgúns retos para averiguar cal vai ser o animal que nos representa este ano no proxecto que imos realizar e que vai sobre os "Océanos".











Seremos...
BALEAS DE 5º!






luns, 11 de setembro de 2023

 



Martiño, Irene, Fabián, Martina, Iria, Fabianna Valentina, Ixchel, Claudia, Hugo, Jens Aarón,  Sebastián, Enzo José, Lucía, Arjuna e Sebastian Eduardo.

Espero que veñades con moitas ganas porque vós sodes @s grandes protagonistas. 

Este curso percorreremos as profundidades de Oceanova e coñeceremos ás estrelas de mar, peixes pallaso, tartarugas, golfiños, cabaliños, polbos, medusas, peixes mandarín, peixes globo, anémonas, camaróns,  narvais...

Vinde cargados de ilusión e moitas ganas de aprender porque...

...a escola do fondo do mar estavos esperando.


Feliz curso 2023-2024!!


A profe Sonia.