Bo día!
A primeira regueifa xa chegou! Por problemas técnicos non temos vídeo pero penso que debedes escoitala...
Regueifa da morriña
Veña, animádevos a participar!É moi divertido e en 5º hai moit@ artista!
Este é o blogue dos nenos e nenas de 5º do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova. Curso 2023-2024
luns, 12 de marzo de 2018
Concurso de regueifas
Coelerni: atopei este concurso que me pareceu divertidísimo para vós! Trátase de regueifar un pouco.
Pero que é unha regueifa?
A regueifa é unha cantiga improvisada ( non está escrita) entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular).
O regueifeiro máis xove de Galicia é Xairo d´Herbón
Que hai que facer?
Inventar unha regueifa (nós polo momento escribiremola ata que non collamos práctica) e cantala .
Pódese facer por parellas ou en grupo.
Practicádea e gravádea ( Andrea/eu/na casa as familias).
Prazo
Ata o 15 de abril de 2018
Enlaces de interese:
O concurso "Enreguéifate"
Todo sobre as regueifas
Exemplos de regueifas:
Aquí vos deixo algunhas regueifas de nenos e nenas que participaron no certame do ano pasado:
xoves, 8 de marzo de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
