venres, 21 de decembro de 2018

Deberes de Nadal

Durante as vacacións de Nadal debedes:
  • Descansar
  • Xogar
  • Compartir momentos coa familia
  • Investigar e realizar a vosa árbore xenealóxica
  • Repasar o que vimos de  matemáticas
  • Rematar de cubrir o mapa mudo de Europa se é que non o rematastes
  • Ler
  • Escribir como vos foron as vacacions de Nadal.

Disfrutade e cargade as pilas para a segunda fase!
Felices festas para tod@s!!
Juanjo e Sonia.

Quen sodes?

De onde procededes? Cales foron os vosos antepasados?
Nas datas de Nadal as familias adoitan xuntarse para compartir momentos xuntos por iso é unha das mellores oportunidades que teredes para comezar a vosa investigación familiar e facer a vosa:

ÁRBORE XENEALÓXICA

Que é iso? Pois unha árbore na que se representan de forma organizada  os parentescos dos membros da familia. 
Como o fago? Investigando. Deberedes preguntar aos vosos pais, avós, tíos....

Como mínmo deberedes interesarvos por cubrir a plantilla que vos entregamos:


Se che gusta o tema  podes anotar nunha libretiña datos importantes tales como: 
  • Datas de nacemento e falecemento
  • Profesións
  • Datos curiosos
  • Fotos
  • Gravacións co móbil
 Aquí vos deixamos un enlace dos traballos que realizaron uns  nenos/as de 6º . Quedoulles moi bonito.
 http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/edublogs/ceiplasvegas/2014/12/04/arbol-genealogico-6o-de-primaria/