venres, 24 de decembro de 2021

Tarefas de NAdal

 Ola a tod@s!

Este é o libro que decidimos por maioría aplastante ler á volta do Nadal. Pedídello a Papá Noel, aos Reis ou se volo deixa alguén pois xenial!



Durante as vacacións aproveitade para xogar moito (non me refiro a videoxogos somentes), estar coa vosa familia, facer cousas xuntos como cociñar, saír á natureza, facer fotos deses momentos...

De traballo do colexio:


1.Repaso de Matemáticas: 

 Para repaso de fraccións elixide a ficha para imprimir ou a de liveworksheets e facédea.

 

-Ficha para facer actividades sobre fraccións online: aquí

-Repaso dos temas anteriores:


2. Amanda Black

Escribe o resumo do libro no portátil utilizando o editor de textos:  Open Office Writer ou nun folio.

O programa está dentro do apartado Aplicativos.

Fai un debuxo  (si, tamén hai que pintalo) relacionado co libro e no que se vexa tamén o título e autores do mesmo.


3. Práctica  co portátil

Entra en EVA en Ciencias Sociais e busca un apartado sobre os volcáns, mira os vídeos e le sobre o tema. 






Abre o programa no portátil Open Office Impress e intenta facer un pequeno traballo sobre o tema dos volcáns. Pequeno, repito, o obxectivo é familiarizarte co programa non facer unha presentación con moito contido. Aquí vos deixo unha axudiña:



NOTA: se internet non che funciona moi ben ou o portátil quedou na clase por algún motivo xustificado... non pasa nada! 

4. Ler: a lectura sempre é un súper recurso para viaxar sen saír da casa. 


Cargade moito as pilas, tede  precaución e disfrutade moito da vosa familia e amig@s!
Un abrazo xigante.

mércores, 22 de decembro de 2021

Días de Nadal

 Respírase Nadal no colexio...




Nicolás fixo estas ricas galletas para toda a clase:




Visitamos un Belén vivinte grazas ao alumnado de 6º chulísimo!







Cantamos panxoliñas  cos mestres e mestras do Curros:








luns, 20 de decembro de 2021

Volcán

 Tiñamos pendente a actividade de contruír un volcán así que entre todos comezamos a facelo  na clase e Antón foi, sorteo previo, o encargado de rematar esta  "cousiña tan bonita". En canto sexamos 19 en clase provocaremos a erupción.



mércores, 1 de decembro de 2021

Descripción de objetoss

Mércores, 1 de decembro

 Matemáticas:

 -Do tema 3 nº 33 e 34

-Tarefas para casa: páxina 55 nº 1 e 4

 

Lingua Galega:

 -Repasamos a rima   neste poema:

Noite infernal,
negra e fantasmal.

Noite meiga,
cunha lúa de manteiga.

De bruxas e pescadores
que buscan os seus amores.

Aparece o sacaúntos
arraxando os seus asuntos.

Unha pantasma
que padece de asma.

E o señor Belcebú
acendendo un calecú.

 Santiago Freire, Martingadas, poemas para nenos. Morgante, 2010. 

 

 -Empezamos cos descrición de obxectos. Fixemos por equipos unha descrición.

Primeiro vimos esta presentación sobre a descrición.



Ciencias Sociais:

Estivemos vendo os factores do clima e os climogramas. Fixemos a portada do tema 2 (O clima) e pegamos a teoría.

As tarefas para casa  son repasar o visto en Sociais.



Botámosvos de menos, Dafne e Manuel!

Biquiños de todos.


Adornos de NAdal

 Este ano fixemos adornos para adornar a árbore con material reciclado.