xoves, 28 de decembro de 2017

Libros esquecidos na clase

Bo día, Coeleni! Se te esqueciches o libro de Ciencias Sociais na clase...velaquí a solución! Déixovos un arquivo co tema en formato pdf. Podedes descargalo e imprimilo ou velo directamente desde o ordenador.



martes, 26 de decembro de 2017

Traballo de Nadal II: vídeos explicativos






Nesta páxina hai moitísimos recursos sobre o tema: locos por la primaria

Traballo de vacacións de Nadal

Ola, Coelerni!
Que tal vai a dixestión dos doces de Nadal? Eu, tal e como dixen, hoxe colgo as actividades para facer o tema 2 de Ciencias Sociais.
Facedes a portada do tema 2, coma sempre.
Lede o apartado correspondente polo libro e no mirando polo blog copiades todo o que está aquí debaixo completando o que falta  en relación a ese apartado que acabades de ler.
Ás veces só tedes que copiar un texto, pegar unha foto ou facer un debuxo ou algunha actividade.
Facédelo na libreta, repito.


O tempo atmosférico
O tempo atmosférico é…
Os fenómenos que  inflúen no estado da troposfera son…
Que o tempo atmosférico é moi variable quere dicir que…
Os elementos do tempo atmosférico son…
Copia as definicións dos elementos do tempo atmosférico.

Pega fotos ou fai debuxos dos instrumentos para medir elementos do tempo atmosférico. Escribe debaixo para que valen.

O clima

O clima é…
O clima depende dos seguintes tres factores…
Le o apartado “Taller de xeografía” sobre os climogramas e fai a actividade 7 .

 
As zonas climáticas do planeta
As zonas climáticas da Terra son aqueles territorios que teñen un clima parecido, con temperaturas e precipitacións similares cada ano.   
No mundo hai tres zonas climáticas con temperaturas e precipitacións similares.
As zonas climáticas son…
Europa está na zona climática…
As paisaxes típicas europeas son dúas…


Os climas de España
Descarga a foto do esquema dos climas de España ou faille unha fotocopia ao teu libro ou copiao a man.



A continuación fai o mesmo co mapa dos climas de España.

Le as características dos climas de España que acabas de pegar na túa libreta.
 

O quecemento global
Algunhas actividades humanas poden acelerar un quecemento global  e prexudicial da Terra.
O efecto invernadoiro natural permite que unha parte da calor do Sol quede na Terra e outra sexa devolta ao espazo, mentres que o efecto invernadoiro provocado polo ser humano fai que quede máis enerxía dentro da Terra e que aumente a temperatura global do planeta, o que se coñece como quecemento global.


Cita catro actividades humanas que provoquen o quecemento global…

As consecuencias  do quecemento global no planeta  son…

Fai a actividade 35 do apartado Repasa a unidade

domingo, 12 de novembro de 2017

A atmosfera





Matemáticas: tema 2

 Ola, coelerni! Aquí vos quedan actividades para reforzar o tema dous de mates. 
A por elas!


Los múltiplos




http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/multiplosydivisores/multiplos/multiplos_p.html



http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/multiples/index.html


http://genmagic.net/repositorio/albums/userpics/buscanitc_mult.swf
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/206/html/datos/05_rdi/ud04/1/01.htm


Los divisores


http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/multiplosydivisores/divisores/divisores_p.html

http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/multiplosydivisores/c_divisores/c_divisores_p.html

http://ntic.educacion.es/w3//recursos/primaria/matematicas/conmates/unid-2/divisores_de_un_n%FAmero.htm

 Criterios de divisibilidad
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/multiplosydivisores/divisibilidad/divisibilidad_p.html



http://www.joaquincarrion.com/Recursosdidacticos/SEXTO/datos/03_Mates/datos/05_rdi/ud04/5/05.htm


Números primos y compuestos

http://www.wikisaber.es/Contenidos/LObjects/prime_numbers/index.html

http://www.joaquincarrion.com/Recursosdidacticos/SEXTO/datos/03_Mates/datos/05_rdi/ud04/4/04.htm
 
http://web.educastur.princast.es/ies/pravia/carpetas/recursos/mates/anaya1/datos/03/04.htm



Os xiros da Terra

Para enterarte ben clica aquí.

 Movemento de rotación:

 
Os fusos horarios:
O movemento de translacións orixina  as estacións:




Imaxe do equinoccio:
Earth-lighting-equinox SP.PNG
«Earth-lighting-equinox SP» por Es traducción de Earth-lighting-equinox_SP.PNG de Wikimedia Commons - Wikimedia Commons. Disponible bajo la licencia Public domain vía Wikimedia Commons.

sábado, 11 de novembro de 2017

Magosto

Para que cantedes o Rap do Magosto!



E para que contedes a historia das castañas!



venres, 10 de novembro de 2017

luns, 30 de outubro de 2017

Que é o Samaín?




Que será o Samaín? Está relacionado co famosos Halloween? Imos investigar.... a ver, a ver...
Debedes contestar ás preguntas que se vos fan, de forma breve. Para iso buscaredes nos enlaces de axuda a información que se vos pide.

A palabra Samaín que significa?
Que pobo trouxo esta tradición a Galicia?
Que se celebra na festa do Samaín?
Cando se celebra?
Que ocorre na noite do Samaín?
Que se obxectos se utilizaban para afastar das casas os espíritus?


ENLACES DE AXUDA:
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/norma_sama02.htm


PRESENTACIÓN DO MEU TRABALLO:
En A5  por unha cara e a bolígrafo negro.
-Na 1ª páxina porei o título: " O Samaín" e farei un debuxo relacionado co tema. Na parte inferior aparece o meu nome.
 -Nas seguintes follas escribirei as preguntas coas respostas. 
-Ao final de todo escribo de onde saquei as respostas  ( as direccións completas)


luns, 16 de outubro de 2017

Incendios NUNCA MÁIS




Niño Tom:

Si vas al campo,

no subas por los almendros.

Ni cojas nidos,

ni caces pájaros,

ni mates insectos negros.



¡Ay, esa flor, esa flor

que ahora muere entre tus dedos,

sus novecientas hermanas

la están echado de menos!



Si vas al campo,

sé bueno.

¡Échate en la hierba,

canta,

estate quieto!

No deshagas las casas

de los insectos



Niño Tom:

Si vas al campo

Sé hombre,

niño pequeño.

(GLORIA FUERTES)


Os COELERNI non queremos que os montes ardan...NUNCA MÁIS!!

xoves, 28 de setembro de 2017

Bombeiros e policía local

Onte tivemos un día do máis movido!
Empezamos a mañá traballando en clase pero ao cabo dunha hora chamaron por megafonía a tódolos cursos para baixar ao salón de actos. Alí escoitamos unha charla sobre educación vial que deu un policía local de Celanova e o testimonio de Félix, un rapaz que nos recomendou poñer  o cinturón cando viaxamos en coche e tamén dicirlle aos maiores que o fagan se algunha vez se esquecen. Para el foi moi importante porque sufriu un accidente de circulación  e como o levaba posto ese momento no foi tan grave como se non o levara. 

Logo no patio, pasamos polo posto dos bombeiros, fixemoso circuito de educación vial cos patinetes e colocáronos o chaleque antibalas na zona da poli local.

Fo un día no que aprendemos moitísimas cousas e do máis útil para a nosa vida diaria!