Ola a tod@s!
Este é o libro que decidimos por maioría aplastante ler á volta do Nadal. Pedídello a Papá Noel, aos Reis ou se volo deixa alguén pois xenial!
Durante as vacacións aproveitade para xogar moito (non me refiro a videoxogos somentes), estar coa vosa familia, facer cousas xuntos como cociñar, saír á natureza, facer fotos deses momentos...
De traballo do colexio:
1.Repaso de Matemáticas:
Para repaso de fraccións elixide a ficha para imprimir ou a de liveworksheets e facédea.
-Ficha para facer actividades sobre fraccións online: aquí
-Repaso dos temas anteriores:
2. Amanda Black
Escribe o resumo do libro no portátil utilizando o editor de textos: Open Office Writer ou nun folio.
O programa está dentro do apartado Aplicativos.
Fai un debuxo (si, tamén hai que pintalo) relacionado co libro e no que se vexa tamén o título e autores do mesmo.
3. Práctica co portátil
Entra en EVA en Ciencias Sociais e busca un apartado sobre os volcáns, mira os vídeos e le sobre o tema.
Abre o programa no portátil Open Office Impress e intenta facer un pequeno traballo sobre o tema dos volcáns. Pequeno, repito, o obxectivo é familiarizarte co programa non facer unha presentación con moito contido. Aquí vos deixo unha axudiña:












