venres, 27 de marzo de 2015

Os coelerni rematan o 2º trimestre

Os nenos e nenas de 5ºA rematan o 2º trimestre!
Aproveitamos para recordar a Maricarmen, que marchou para outro cole.
Moitos bicos, Mari.

mércores, 25 de marzo de 2015

España política

Para aprender as provincias, capitais etc.  de España só tés que clicar no enlace e xa verás como melloras a pasos de xigante!


http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/mapasflash.htm


martes, 24 de marzo de 2015

Capítulo 7: Hª dunha gaivota

Unha vez alí dentro
viron a Sabelotodo
que estaba moi enfadado
cos devoradores de mapas.
Pensaba en organizar
por comerse a Madagascar
a súa vinganza terrible
cunha batida de ratos.

A Sabelotodo, eles o problema contaron
buscaron na enciclopedia: tomos sete e dezasete,
letra G de gaivota, letra P de petróleo
pero nada, nada encontraron.

Buscar por Q de quitamanchas
parecía unha idea xenial.
Ocurriuselle a Colonello
esta vez a enciclopedia non lles fallará.

Sabelotodo buscou
e no tomo dezaoito puideron ler
o petroleo desaparece
cando a bencina o vence.

Secretario sería o encargado
metería na bencina o seu rabo
a cambio dunha dobre ración de fígado
que solo el degustaría.


mércores, 18 de marzo de 2015

Capítulo 6: Hª de una gaviota


O Bazar de Harry
estábaos esperando
Era todo un labirinto
con moitos pasillos.

Alí había:
seis elefantes,
dúas xirafas,
un osos polar
áncoras, timóns,
canóns de corsario,
calzóns no gran bazar
e 54.000 libros
para que Sabeloto
puidera estudar

Secretario, Colonello
e Zorbas,emocionado,
a Matías atoparon.
Pero el obrigabaos a pagar
e non os deixaba entrar
por iso non podían
con Sabelotodo falar.

Matías, que era chimpancé,
viu a garra de Zorbas,
arrepentiuse no momento
e xa puideron pasar.

martes, 17 de marzo de 2015

Capítulo 5:Hª de una gaviota


O gato foi ao restaurante Cuneo

e alí viu a Colonello

antes anticipáronse

dous gatos vagabundos

e case morre, Zorbas, do susto.



Secretario saudouno

e guiouno ata Colonello.

el díxolle que fora ver a Sabelotodo

que seguro el podería resolver todo.

Resumo feito por Brais.

Poema feito pola clase de 5ºA.

sábado, 14 de marzo de 2015

A semana do eclipse


Pregunta  do luns:

 - Que é  un eclipse de sol? 
 - Que tipo de eclipses hai?

Pregunta do martes:
 -Que porcentaxe do Sol estará tapado pola Lúa en Galicia no eclipse do 20 de marzo?
 - A que hora aproximada se verá o eclipse en Galicia?

Pregunta do mércores:
 - Que consellos hai que seguir para observar un eclipse? ( que sexan útiles para nós)

Pregunta do xoves:
 - Cales son as fases da Lúa?
 - Que é a cara oculta da Lúa?

Capítulo 5 en verso (Hª de una gaviota)







martes, 10 de marzo de 2015

Eclipse de sol en Galicia



  • O 20 de marzo, desde Celanova, poderemos ver un eclipse de sol. Hai que aproveitar o día, sobre todo porque ata o ano 2026 non volverá a ser visible o fenómeno en España.

(http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/03/09/galicia-espectadora-privilegiada-eclipse-solar-20-marzo/00031425899515774138365.htm)



  • continuación quédavos unha guía para observar o eclipse: guía







  • En Celanova o eclipse veráse ás seguintes horas:



martes, 3 de marzo de 2015

Capítulo 2 en verso (Hª de una gaviota)

CAPITULO 2



- “Xa que nos imos de vacacións,

na miña mochila  decidirei que levar;

Botareite moito de menos

Dáme pena  deixarte”.



O  gato (grande, negro e gordo)  mirábao.

As galletas regaladas  gustábanlle,

pero máis lle agradaba aquel neno que o coidaba.



Pasaban xuntos  moitas horas

e miraban os barcos no porto.

Un con surcar os mares soñaba,

O outro, ronroneaba.



Zorbas non esquecía a aquel , a quen a súa vida debía.

Moi pequeno abandonou a canastro familiar:

quería probar unha cabeza de pescado

e logo compartila cos tódolos seus irmáns.



Días antes,  mamá xa o avisara:

-“Áxil e esperto es,

non debes saír do canastro

se vivir  queres ben.

Sorte é nacer nun porto

como o  de Hamburgo,

cheo de gatos que o protexen.

Pero coidado has de ter.

Pola túa cor negra

malpocado podes

chegar a ser”.



Zorbas esqueceu a conversa de mamá,

do canastro saíu, pero lonxe non chegou.

Intentou  coller o peixe pero un pelicano o atrapou;

dentro da bolsa Zorbas intentaba razoar

e finalmente  o paxaro non o merendou

grazas a un neno que polo cocote o liberou.

Rematou así a aventura e comezou unha bonita amizade

que cinco anos dura xa.

Pensativo estaba Zorbas, 

enmarañado nos seus recordos ,

cando  o espertou unha caricia

do seu  amigo, neno, que xa marchaba.

Catro semanas, o  gato,  só estaría

E  amo e señor da casa sería. 

(Iván)

Capítulo 1 en verso (Hª de una gaviota)



Esta historia fermosa aconteceu no mar do Norte.


Onde o río Elba desemboca avístanse miles de gaivotas.


Levan xa seis horas de viaxe e deben descansar,


saborear algún arenques para poderes logo continuar.


No golfo de Biscaia terá lugar a convención


Que todas esperan con gran emoción.


Mais Kengah, a gaivota con ás de prata, no chegará xamais.


As súas irmáns e compañeiras fuxiron do lugar


Algo moi malo debe estar a piques de pasar.