venres, 19 de decembro de 2014

Feliz Nadal 2014

 Nenos e nenas de 5ºA:
disfrutade das vacacións de Nadal, non esquezades deixar baixo a árbore os vosos agasallos para @s que queredes, aínda que sexa un poema dedicado ...






Si tengo que cantar te lo digo cantando
Buena suerte y Feliz Navidad
 
Aunque para mí todos los días sean Nochebuena
Si tengo el amor que me das
Siempre hay una luz en cada horizonte
Refulgente, intensa y azul
Contémplala bien frente a tu ventana
Porque este año, esa luz eres tú…

mércores, 17 de decembro de 2014

Rap e poesías polo Nadal




Os nenos e nenas de 5ºA que están na foto,  inspiráronse estos días e crearon dúas poesías de Nadal.
Se vos animades tamén se poden rapear...

Somos los de 5ºA


Somos l@s de 5ºA
disfrutamos con la Navidad,
con el pollo asado,
el churrasco,
y el marisco,
que mola mucho más.

Durante las vacaciones
solo pensamos en jugar a la tablet
y además, si nieva vamos a esquiar.
Visitamos también a familiares
no pensamos en los libros
ni siquiera en estudiar.
No nos digáis que vuestra vida mola más.



Fermoso Nadal

Xa chega o Nadal,
non o pases mal,
aínda que faga moito frío
e che dea un arrepío.

Xa chegan os Reis Magos
cargados de agasallos.
Atrás quedou o outono
e os postres de castañas.

Se na noite escura te perdes,
unha estrela fugaz te guiará
e, se algo enfadado coa túa familia estás
neste fin de ano con eles te reconciliarás.




domingo, 14 de decembro de 2014

Xincana literaria: "Díaz Castro na voz da xente"

Nenos e nenas:
Esta semana imos realizar unha divertida xincana...literaria!
Rematamos o ano con Xosé María Díaz Castro, lembrádesvos del? Dedicáronselle as Letras Galegas 2014.
Para preparar as probas aquí vos deixo material abondo:



Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.


 CLICA NA IMAXE:


http://trobadoresdecuarto.blogspot.com.es/search/label/Letras%20Galegas%202014


martes, 25 de novembro de 2014

Contos de outono

No mes de novembro, os nenos e nenas de 5ºA escribiron  dous contos viaxeiros nos que as castañas  se enchían de protagonismo. 
Se queredes lelos clicade nos enlaces: 



martes, 18 de novembro de 2014

Curtas

Nenos e nenas de 5ºA:
aquí vos quedan as curtas que vimos hoxe en clase.
Estivemos falando da ensinanza que se deducía delas:
non fagas aos demais o que non queiras que fagan contigo.








Aquí vos deixo outra curta para que vos deades conta que cando nos esforzamos podemos facer cousas impensables:

mércores, 12 de novembro de 2014

Philae aterriza no cometa 67P Churyumov-Gerasimenko

Hoxe, despois de 10 anos de viaxe  de Rosetta.o robo Phileas aterrizou no cometa 67P.
Para enterarte clica nas fotos e mira os vídeos...

http://elpais.com/elpais/2014/11/12/album/1415810924_628765.html#1415810924_628765_1415815830









Ismael Serrano, cantautor español, publicou un disco co nome: El viaje de Rosetta.

venres, 24 de outubro de 2014

Día das bibliotecas escolares 2014

No noso colexio celebramos o Día Internacional das Bibliotecas degustando unha pequena xoia en kamishibai...
"O claro do bosque"
Para lembrar este día, pincha no blog da biblio do cole e alí atoparás as fotos do acto.


E, como falamos en clase, se queres enterarte de por que se celebra o día 24 de outubro de tódolos anos só tés que ler a continuación:

"Desde 1997 la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promueve esta celebración en recuerdo del incendio de la Biblioteca de Sarajevo durante el conflicto de los Balcanes en 1992. Tras este brutal ataque, el médico e historiador croata Mirko D. Grmek acuñó el término memoricidio para definir la destrucción de la memoria y el tesoro cultural del “otro”, del adversario, del enemigo.
Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionales, móviles… Todas ellas albergan grandes tesoros, y destruirlas o no protegerlas, que viene a ser lo mismo, es un memoricidio a pequeña o gran escala." (texto collido de http://www.biblogtecarios.es/luciadominguez/24-de-octubre-dia-de-la-biblioteca/)




sábado, 11 de outubro de 2014

12 de octubre

Para enterarte de qué se celebra o dia 12 de outubro fai click aquí

f


g

Repaso de los temas 1 y 2 de lengua castellana



Para tener bien claro cuáles son los elementos de la comunicación clica en los dibujos:

http://www.materialesdelengua.org/Edilim/comunicacion/inicio_comunicacion.htm
Para trabajar el diccionario:

Dialectos que se hablan en España

 Lenguas que proceden del latín:
  • Castellano, gallego, portugués, catalán, francés, italiano, rumano...

Lenguas que se hablan en España:
  • Castellano
  • Gallego
  • Catalán
  • Euskera


Evolución temporal y extensión de los diferentes idiomas de España.
Linguistic map Southwestern Europe


Algunos dialectos del castellano:

Dialectos español septentrional.PNG
  • Dialecto extremeño
  • Dialecto murciano 
  • Dialecto manchego:






Experimentamos coas plantas

Os coelerni de 5ºA están moi motivados co 1ºtema de Ciencias da Natureza.  
Por iso trouxeron á clase plantas con propiedades curativas: eucalipto, menta, herba luisa, ruda, romeu, mentraste, acanto... 
Todos/as viñan moi ben informados da súa utilidade. 













Vimos outras plantas como o millo, cenoria, cebola, trevo morado,rosa, aloe vera... 



Durante uns días tamén comprobamos como medraban os nosos feixóns a ritmo vertixinoso mentres que as que estaban no frigorífico seguían coma o primeiro día.








mércores, 1 de outubro de 2014

"Chove en Santiago" (Federico García Lorca)


Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma de cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago,lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.




Este poema escribiuno Federico García Lorca e musicouno o grupo galego Luar na lubre.

mércores, 24 de setembro de 2014

Nas vacacións de verán paseino...

Ola coelerni!
Aquí vos deixo o noso primeiro mural! Nel permanecerán os recordos dun verán que cada vez está máis lonxe.









mércores, 10 de setembro de 2014

Benvida aos nenos e nenas de 5ºA




Chegou o día 10 de setembro...¿Xa toca voltar ao cole?

Ola,
Brais -  Iván - Andrea - Anxo - Ana - Anxo B. - Kevin - Celia - Vanessa - Antón - Mauro - Mikael - Carla - Pablo -  Noa-  Rebeca - José Víctor - Adrián -María del Carmen -  Lara  e  Yanira.




Seguro que o pasastes  moi ben no verán xogando cos vosos amigos/as, primos/as, indo á praia, viaxando, vendo debuxos animados,  superando niveis coa Wii, indo ás festas e facendo miles de cousas superdivertidas pero chegou a hora de voltar ao cole.

Aposto tamén que vos apetece coñecer  cal será a vosa clase, se virán compañeiros/as novos/a, ver á nova profe...teredes ilusión por empezar 5º, que xa sodes -case- os maiores do colexio; aprender cousas novas, xogar nos recreos...


Pois hoxe comeza a aventura! Benvidos e benvidas á clase de 5ºA!
Preparádevos porque para empezar imos bautizar ao noso grupo cun nome moi especial...

Para sabelo teredes que cooperar. 



Antes de atopar o noso nome, ímonos relaxar cunha canción e logo coñecerémonos un por un.
http://musicainfantilrianxo.blogspot.com.es/2010/11/cancion-moi-contento-escola-vou.html


Quen son os coelerni?

Os coelerni vivían aquí:



http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17247&