mércores, 10 de setembro de 2014

Benvida aos nenos e nenas de 5ºA




Chegou o día 10 de setembro...¿Xa toca voltar ao cole?

Ola,
Brais -  Iván - Andrea - Anxo - Ana - Anxo B. - Kevin - Celia - Vanessa - Antón - Mauro - Mikael - Carla - Pablo -  Noa-  Rebeca - José Víctor - Adrián -María del Carmen -  Lara  e  Yanira.




Seguro que o pasastes  moi ben no verán xogando cos vosos amigos/as, primos/as, indo á praia, viaxando, vendo debuxos animados,  superando niveis coa Wii, indo ás festas e facendo miles de cousas superdivertidas pero chegou a hora de voltar ao cole.

Aposto tamén que vos apetece coñecer  cal será a vosa clase, se virán compañeiros/as novos/a, ver á nova profe...teredes ilusión por empezar 5º, que xa sodes -case- os maiores do colexio; aprender cousas novas, xogar nos recreos...


Pois hoxe comeza a aventura! Benvidos e benvidas á clase de 5ºA!
Preparádevos porque para empezar imos bautizar ao noso grupo cun nome moi especial...

Para sabelo teredes que cooperar. 



Antes de atopar o noso nome, ímonos relaxar cunha canción e logo coñecerémonos un por un.
http://musicainfantilrianxo.blogspot.com.es/2010/11/cancion-moi-contento-escola-vou.html


3 comentarios:

  1. Son a nai de Antón.
    Estou encantada coa creación do blog. Ten por seguro que vós seguiremos.
    Un saúdo.
    Natalia

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, Natalia.
      Saúdos.

      Eliminar
    2. Hola somos un os rapaces de clase o blog esta moi chulo

      Eliminar