Por iso trouxeron á clase plantas con propiedades curativas: eucalipto, menta, herba luisa, ruda, romeu, mentraste, acanto...
Todos/as viñan moi ben informados da súa utilidade.
Vimos outras plantas como o millo, cenoria, cebola, trevo morado,rosa, aloe vera...
Durante uns días tamén comprobamos como medraban os nosos feixóns a ritmo vertixinoso mentres que as que estaban no frigorífico seguían coma o primeiro día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario