domingo, 14 de decembro de 2014

Xincana literaria: "Díaz Castro na voz da xente"

Nenos e nenas:
Esta semana imos realizar unha divertida xincana...literaria!
Rematamos o ano con Xosé María Díaz Castro, lembrádesvos del? Dedicáronselle as Letras Galegas 2014.
Para preparar as probas aquí vos deixo material abondo:



Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.


 CLICA NA IMAXE:


http://trobadoresdecuarto.blogspot.com.es/search/label/Letras%20Galegas%202014


2 comentarios:

  1. O NENO QUE NON LLE GUSTABA LER
    ,Xan era un neno moi divertido e falangueiro,pero tiña un problema, non lle gustaba nada ler cada vez que lle regalaban un libro poñía cara de noxo e arrepiabaselle todo o corpo.Un día estaba sentado mirándo por a fiestra da sua casa atopábase un pou co morriñento por co seu tío regaláralle un conto quedouse pasmado cando lle deron un libro , a sua nai beliscouno para que espabilara e que lle dera as grazas.
    U día pola maña a súa nai dixolle
    Xan e unha mágoa que teñas ese libro tan bonito sen ler
    A Xan picouille a curiosidade e comezou a ler o libro, dende aquel día non para de ler libros .Nunca lle gustaron porque nunca os comenzara a lelos

    ResponderEliminar
  2. O PENSO
    EQUIVOCADO.



    Érase unha vez unha granxa chamada “The Best Farm World''. Un día o granxeiro íalle levar o penso as galiñas. Pero confundiuse e levoulle o dos coellos. Unha galiña comeuno e, pouco a pouco,íase transformando nunha galiña xigante. E a galiña dixo:
    -Que arrepío.
    -Que mágoa! Xa non son coma as demais galiñas -dixo a galiña que se transformou-
    -Qué noxo! -dixo outra galiña-
    Cando chegou o pai do granxeiro,que era dono da granxa,foi ao galiñeiro.
    -Axéxate -dixo unha galiña -que ben o granxeiro.
    A galiña era demasiado grande para axexarse no galiñeiro e viuna.
    -Pero que pasou aquí!-dixo o granxeiro.
    -Que pasou?-dixo o outro granxeiro- oín un berro.
    -O que me pasa? Sabes o que me pasa?
    O que, o que.
    A galiña! É de 5 metros!
    Pola noite hai unha galiña que é moi falangueira,só quere falar e falar.
    Abre a fiestra – dixo unha galiña-vou tomar o aire que me doe a cabeza do que fala esa galiña.
    A minnoon me deixa de beliscar -dixo outra galiña-.
    Ao día seguinte,o granxeiro, levoulle o penso correspondente as galiñas, e todo volveu a normalidade.



    Carla F. N.

    ResponderEliminar