mércores, 13 de maio de 2015

Filgueira Valverde edita e publica o Cancioneiro musica de Galicia de Casto Sampedro (1942).
Aproveitaremos para aprender unha canción popular galega da zona da Limia.


"As penas do Verdegaio
son verdes e amarelas
non me toques senón caio
non me rómpa-las canelas.

O do Verdegaio o do rastrastrás
quero o meu amor quero o meu rapaz
o do Verdegaio o do rustrustrús
quero o meu amor quero ben Xesús.

Vai tu vai tu vai ela
vai tu pra casa dela
vai tu vai tu vai ela
vai tu pra casa dela.

E do meu gosto
é da miña opiniao
é da madeira mais fina
da raí­z do corasao.

Vai tu…

Oh señora Ana señora Marí­a
o seu galo canta i o meu asubí­a
o señora Ana o seu galo deu
unha latadiña na cara do meu.

Vai tu…

Anubí­a i anubí­a
i anque anubí­a non chove
o meu amor está malo
anque está malo non morre.

O do Verdegaio…

Meu caño meu cañonciño
todos che chaman pequeno
a mi me pareces grande
co cariño que che teño.

O do Verdegaio…

O cariño que che teño
e mails o que che hei de ter
colle na folla dun toxo
e mar non a ha de encher.

O do Verdegaio…"




h

Se queres a partitura clica aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario