Empezamos a mañá traballando en clase pero ao cabo dunha hora chamaron por megafonía a tódolos cursos para baixar ao salón de actos. Alí escoitamos unha charla sobre educación vial que deu un policía local de Celanova e o testimonio de Félix, un rapaz que nos recomendou poñer o cinturón cando viaxamos en coche e tamén dicirlle aos maiores que o fagan se algunha vez se esquecen. Para el foi moi importante porque sufriu un accidente de circulación e como o levaba posto ese momento no foi tan grave como se non o levara.
Logo no patio, pasamos polo posto dos bombeiros, fixemoso circuito de educación vial cos patinetes e colocáronos o chaleque antibalas na zona da poli local.













Ningún comentario:
Publicar un comentario