Este é o blogue dos nenos e nenas de 5º do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova. Curso 2023-2024
luns, 26 de febreiro de 2018
Luns, 26
Bo día, Coelerni de 5ºB:
Polo momento hoxe tampouco non pisarei a clase pero dende a distancia suxírolle á profe ou ao profe que vaia con vós o seguinte:
Colocádevos en grupos de 4 como estabades a semana pasada pero co seguinte cambio só por hoxe: Adán ocupa o sitio de Aitor e Aitor o sitio de Jeniffer (que se vai para a mesa que está ao lado da profe), Andrés senta no sitio de Adán.
1ª HORA - MATÉMATICAS - rematar-
Página 123 nº 13-16-17
Página 132 nº1,2,3 y 4
2ª HORA - LENGUA CATELLANA
Lectura tema 7
Páginas 108 y 109 escritos: 1,7,8,9,10,11 y 13 ( incluye las etiquetas de los libros como si estuvieran en la biblio).
El resto son orales.
Se alguén remata: HORA DE LER
3º HORA - MÚSICA
ATENCIÓN VOLUNTARI@S DE BIBLIOTECA: Poñédevos dacordo para formar 3 tríos. Mañá na Hora de ler iredes falarlle a outros nenos e nenas de Rosalía. Para iso usaredes esta presentación sobre o que traballastes o venres na biblio. Cada persoa lería unha frase e facédeo coma se forades locutores de radio, teatralizando a presentación. Practicade durante o recreo da mañá e na casa. É moi sinxelo. A presentación é esta (tamén está no blog de biblio):
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario