venres, 2 de marzo de 2018

Venres, 2 de marzo

Bo día, Coelerni de 5ºB:
Como xa sabedes hoxe non vou estar  tampouco con vós  :-( Deixo o traballo para facer. Empezade polo de Rosalía.

Cómpre ir a infantil facer a presentación de Rosalía de Castro.
Son necesarios 5 equipos . Podedes participar todos, xa que fostes todos os que estivestes investigando sobre o tema o venres pasado. Non é obrigatorio participar na exposición. O que si é necesario que haxa 5 grupos  de dous , 3 ou catro membros como moito.
Practicade a presentación utilizando os portátiles que deberían estar cargados e/ou a Pizarra dixital.
Cando? Agora, a 1ª porque á volta do recreo iredes contarllo aos nenos e nenas de infantil.
Por favor: falade cara eles,non cara a pizarra ou o ordenador. Moi despazo. Podedes facerlle preguntas. Ide parando, non leades todo de golpe, que poidan mirar as fotos. Escoitade  trozos das cancións con eles se as profes o consideran oportuno.


Os voluntarios/As de biblio: repartide as poesías ás aulas  que faltan e dicidelle ás profes que  son poemas de Rosalía. (Están no "froiteiro recollelibros")



Máis cousas para facer na clase ou na casa:

Matemáticas:
 Página 129  hacer con enunciado: 2 y 3. Hacer sin enunciado (pero sí:planteamiento, operaciones...) los número 4,5,6 y 7.
La semana que viene haremos control del tema 7 ( el jueves o el viernes)

Sociais:
Estudar España política utilizando o libro ou o portátil ( mapas interactivos). O martes ou o mércores faremos control diso.

Lingua galega:
Pronomes persoais. Ler a explicación e facer o número 1, 2 oral, 3, 4,5 e 6


HORA DE LER  se  rematastes.

Bo fin de semana a todos/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario