martes, 10 de abril de 2018

O noso primeiro debate




Velaquí as fotos do noso primeiro debate: Coidamos ben do medio ambiente? Aínda que toda a clase opinaba que podemos facer máis  por el, tres nenos/as representaron o papel daqueles que opinan que temos que derrochar os recursos, non se preocupan dos animais e pensan que a contaminación é un conto chinés. Sabela, Paula e Simón tiñan o papel máis complicado; Adán, Aroa, Xiana e Andrés  pedían máis concienciación a actuar sobre as cousas de cada día dentro do noso entorno como recoller basuras e educar aos nenos dando exemplo.
O público tamén se amosou participativo!
Non hai vídeo no blog porque era demasiado extenso.Proba a clicar no enlace, a ver se hai sorte.
Que ganas doutro debate!

2 comentarios: