venres, 22 de xuño de 2018

Tarefas para o verán

POR FIN É VERÁN! 
Parecía que non daba chegado o 21 de xuño e despois de moitos meses de traballo rematou o curso e puidemos ler aquelas cartas que nos escribimos en setembro do dous mil dezasete! 
Como é lóxico estarás desexando chegar a casa e aparcar a mochila do cole. Se te esforzaches, sentirás unha agradable sensación dentro de ti. Pola contra, se non foi así, no quererás nin oír falar do tema. Por que será? Reflexiona, “please”. 
En calquera caso, precisas descansar. Estes son as nosas propostas para o verán: 
- Sorrir tódolos días e ter boa cara para todo o mundo; estás de vacacións! 
- Xogar moito, moito, moito... 
- Disfrutar con cada momento. 
- Pasar tempo coa familia, falar co avó, avoa...(pregúntalle moitas cousas das súas vidas que non saibas, fai a túa árbore xenealóxica!) 
- Facer novos amigos e amigas. 
- Aprender cousas da vida cotiá ( a cociñar algo coa axuda dun maior, calcular o prezo nas rebaixas, traballa na horta familiar, fai manualidades, axuda a papá e mamá...) 
- Fotografía os teus grandes momentos do verán. 
- Pinta, debuxa... 
- Escoita música, todo tipo de música! 
- Lembra ver a chuvia de estrelas de San Lorenzo 
- Entra no noso blog e fai repasa o que fixemos no curso: https://coelernidequinto.blogspot.com/ 
- Podes facer un DIARIO do teu verán, asegurásmoche que non te arrepentirás de telo escrito. 
- LER de todo: revistas, receitas, libros... Mira a guía de lecturas da biblioteca! 
- Levas unhas fichas de repaso de matemáticas e lingua. Non para agobiarte , senón para axudar a que non esquezas conceptos básicos. 


Desexámosche que o disfrutes ao 100%. 
Bo verán, COELERNI! 
As profes, Begoña e Sonia

Ningún comentario:

Publicar un comentario