xoves, 16 de agosto de 2018

Que tal de vacacións?






Bos días, Coelerni!

Hoxe é 16 de agosto  e rematan as festas do San Roque! Cansos/as? Veña que só queda hoxe, tendes que aproveitalo a tope! Logo descansar e seguir disfrutando das vacacións de verán ata case outra festa...O Cristal!
Lembras que as profes Begoña e Sonia colgamos no blog unhas fichas para facer durante o verán? Como vos dixemos, esas actividades eran de repaso e para facelas durante os meses de xullo e agosto ben repartidiñas. 
  • Se as fuches facendo pouco a pouco: xenial! Ese era o obxectivo das profes.
  • Se aínda non empezaches aconsellámosche que fagas só unhas poucas. Se pretendes facelas todas para quedar ben coas profes terás varios problemas:
  1. Que te pegarás un atracón de traballo.
  2. Probablemente teñas moitas dúbidas porque despois de tantos días sen darlle ao cerebro... :-(
  3. Non valerá para nada e estaredes todos na casa de moi mal humor.

  • Se non as fixeches porque dedicaches o teu tempo a realizar outras moitas cousas igualmente interesantes e que os papás che suxeriron tamén está ben (por exemplo: ler moito, viaxar, coñecer novos amigos, ir de campamento, facer obradoiros, tocar un instrumento, escribir un diario do teu verán, pintar, facer un álbum coas fotos do teu verán sacadas por ti...).      Atención: non es ti quen opina se as fai ou non, mamá e papá son os que deciden  .

Aquí vos queda algo do visto nestas vacacións de verán que seguro vos gusta: 



 Un abrazo para todos/as!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario