Universo: conxunto dos corpos celestes, a materia e a enerxía que se
encontran no espazo.
Big Bang: Teoría que explica a orixe do universo hai uns 15 mil millóns de
anos a partir dunha gran explosión. Ó expandirse e enfriar, a materia
formou as galaxias, as estrelas, os planetas e os demais corpos.
Galaxia: conxunto de millóns de estrelas que emiten luz e calor, planetas,
satélites, asteroides, cometas, gases e po.
Vía láctea: é a nosa galaxia.
Sistema solar: sistema formado polo sol e os planetas e outros corpos que
xiran arredor del.
Planetas: corpos que xiran arredor do sol. Son oito: Mercurio, Venus,
Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
Estrela: gran esfera de gas a alta temperatura que emite luz. Cando o gas se
acaba a estrela apágase. A estrela máis próxima á terra é o sol
Satélite: corpo que orbita arredor dun planeta. Ex. a Lúa.
Meteorito: Fragmento de rocha que viaxa polo espazo e cae sobre un
planeta.
Cometa: Corpo composto de rocha, xeo e po que xira arredor dunha estrela
en órbitas xigantescas. Canto se achega á estrela o xeo convértese en gas e
fai que apareza a cola do cometa.
Asteroide:Obxecto rochoso ou metálico menor ca un planeta que orbita
arredor do sol.
Terra: é un planeta de rocha cuberto de auga e rodeado dunha atmosfera
que o protexe do espazo exterior. É o noso fogar no universo.
A representación da terra:
Globo terráqueo:
O globo terráqueo é unha esfera que representa a terra a menor escala. É
unha representación moi precisa pois mantén a proporción e a forma do
planeta.
Planisferio:
O planisferio é unha representación da terra trazada sobre unha superficie
plana e a escala. Ao representar o planeta, que é esférico, prodúcense
deformacións.
Mapas e planos:
Os mapas son representacións a escala de partes da terra. Poden ser físicos,
políticos, económicos, de poboación...
Os planos son representacións a escala de zonas pequenas ou obxectos: ex.
Unha cidade, unha casa...
Localización dun punto no mapa
Latitude é a distancia dun punto da terra ó Ecuador. Pode ser:
Latitude Norte --- N (arriba)
Latitude Sur --- S (abaixo)
Lonxitude é a distancia dun punto da terra ó Meridiano Cero. Pode ser:
Lonxitude Leste --- L (dereita)
Lonxitude Oeste --- O (esquerda)




Ningún comentario:
Publicar un comentario