xoves, 5 de novembro de 2020

O clima de Europa I

 



  • O tempo: conxunto de fenómenos atmosféricos que se producen nun lugar e un momento determinado.

  • O clima: as condicións atmosféricas que se dan nunha rexión durante un período mínimo de trinta anos.



  • Factores:

    • A altitude: altura da superficie terrestre con respecto ao nivel do mar.

    • A latitude: distancia entre o Ecuador e un punto concreto da Terra.

    • A distancia con respecto ao mar.

    • O relevo

  • Elementos:

    • A temperatura: intensidade de calor do aire.

    • A humidade: cantidade de vapor de auga que hai no aire.

    • As precipitacións: cantidade de auga que cae nunha zona determinada xa sexa en forma de neve, auga ou graínzo.

    • A presión atmosférica: peso ou forza que fai o aire respecto á superficie terrestre.

    • O vento: aire en movemento.

       

       


       


Ningún comentario:

Publicar un comentario