sábado, 17 de abril de 2021

Tarefas fin de semana

Corremundos:

Menos Ciencias da Natureza, os deberes comentámolos en clase.


Matemáticas:

Rematar os 4 problemas colgados no blog e estudar para o control do mércores.


Ciencias da Natureza:

Práctica de masa-volume, mesturas homoxéneas e mesturas heteroxéneas.

Descarga o tema 5 resumido en EVA primeiro e repasa os conceptos traballados en clase.

Simplemente tés que pesar obxectos  para calcular a súa masa e calcular o volume usando unha xarra graduada de litro. Tamén debes facer mesturas homoxéneas e inventar tamén mesturas heteroxéneas.

Fai fotos,  noméaas  e gárdaas na carpeta de Ciencias Naturais.

Na túa libreta fas a ficha das prácticas  anteriores (está ao final do resumo do tema 5 -pdf , colgado en EVA)


Lengua Castellana:

Repasa a ortografía do tema 8 para ditado.


Proxecto Corremundos:

Escribe nun folio  o teu nome  en Árabe.


Día do libro:

Debuxo da portada "Os misterios dos fillos de Lúa" nun folio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario