3.2Ortografía:
Palabras con h
-Escríbense con h as formas dos verbos haber, habitar, herdar e honrar, e os derivados destes.
-Así mesmo, os prefixos hecto- (cen), hema- (sangue), hemi- (metade), hepta- (sete), hexa- (seis), hidro- (auga), hiper- (superior), hipo- (cabalo).
hectogramo, hematoma, hemisferio, hidroavión, hipermercado
-Tamén se escriben con h as palabras que empezan por hort- (agás ortiga e o prefixo orto-), hosp-, horr- e hum- (agás úmero).
horticultor, hospital, horrible, humano
En galego non levan h:
Aí, alá, alelí, arpa, ata, até, baía, inchar, irmán, irmá, oco, ola, ombro, orfo, óso, ovo, úmero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario