sábado, 11 de xuño de 2022

Repaso para o control de Ciencias Sociais

 Ola! O control de Sociais farémolo o MARTES.

Estas preguntas que vos deixo, son para repasar o tema. O control sairá de aí,

Non hai que escribilas, pero si coñecer a resposta delas.

Tamén o deixo en EVA -Ciencias Sociais-A Idade Media


A IDADE MEDIA

1.  Que utilizan os historiadores/as para coñecer o noso pasado?

2.  Que tres tipos de fontes históricas coñeces? Pon un exemplo de cada.

3.  Que feito deu inicio ao período seguinte á Prehistoria,  coñecido como Historia?

4.  A Historia en que 4 períodos se divide?

5.  Con que feito importante (ano 476)  comeza a Idade Media?

6.  Cantos séculos abarca a Idade Media?

7.  Quen invadiu  a Península no século V poñendo fin ao Imperio Romano de Occidente?

8.  Onde estaba a capital visigoda na Península?

9.  Cal foi o último rei visigodo?

10.      Que podo invadiu a Península, no ano 711,  na época dos visigodos?

11.      Como lle chamaban os musulmáns á Península Ibérica?

12.      Xustifica por que Al-Ándalus foi un importante centro cultural do mundo medieval.

13.      En que ano do século XV  e con que feito se dá por rematada a historia da España musulmá?

14.      Edificios importantes da cidade andalusí.

15.      Que inician os nobres visigodos fuxidos cara o norte da Península, -os chamados reinos cristiáns- que se opuxeron á conquista musulmá?

16.      Que tres culturas conviviron na Península durante a Idade Media?

17.      Que feito marcou a fin de Reconquista e quen o leva a cabo?

18.      Por que os monarcas encargan construír a Catedral de Santiago?

19.      Escribe tres nomes de rutas do Camiño de Santiago.

20.      Que dous estilos artísticos predominaron durante a Idade Media?

21.      Escribe 1 exemplo de edificación románica e 1 exemplo de edificación gótica.

22.        Que sistema económico, político e social predominou durante a Idade Media que se baseaba na posesión de grandes extensións de terras?

23.      Debuxa a pirámide feudal da Idade Media. Escribe quen eran os privilexiados e quen os non privilexiados.

24.      En que século xurdiron as grandes cidades e como se chamaba ao novo grupo social formado porlos comerciantes e artesáns.

25.      Ponlle nome aos números: ( debuxo cidade medieval)

 

 

 

 

 

 

 

 

26.      En que ano remata a Idade Media?


Ningún comentario:

Publicar un comentario