Creo que onte non rematastes de facer todo así que hoxe continuades
Pegades a teoría e facedes do libro de mates da páxina 46-47 as actividades 1,2,4 e 5.
3ª hora :Ciencias Sociais
Localizar non mapa de cor:
-Serras Orientais e sudorientais
-Serras setentrionais
-Serras Centrais
-Depresións
-Chairas
-Vales
Pintade no mapa mudo que pegastes na librete de cor marrón as serras (só pintar, non hai que escribir nada)
Se non aparece algo, podedes buscalo en internet
Tedes que saber identificalas no voso mapa mudo de memoria.
4º hora: LG
-Ler a fotocopia que pegastes de literatura, sobre todo entender a rima
-Ler o poema que tamén pegastes "A fala" de Manuel María, localizar as palabras que riman e rodealas.
Lembre que te tés que fixar só na última palabra de cada verso. Mira o exemplo:
Agora se xa rematastes practicádea por equipos e intentade facer unha gravación en Audacity cada equipo da poesía. Organizádevos como queirades. Intentade editar o poema se vos chega o tempo e poñer unha musica de fondo. Aprendede todos e todas a facelo, axudádevos..
BÓTOVOS DE MENOS E TEÑO MOITAS GANAS DE ESTAR AÍ, CON VÓS...
BIQUIÑOS XIGANTES,
SONIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario