Bos días!
Feliz ano, chic@s!!Que tal van esas vacacións? Estou segura de que xenial! Aínda que dixemos na clase que de deberes tiñades que facer a vosa autobiografía só quería lembrárvolo.
Podedes facela a man ou en writer, pero en calquera caso que veña ben revisada, sen faltas e con ganas de ser lida!!
Por que vos pido isto?
Como este ano rematades a primaria ides escribir a vosa autobiografía para que quede non Curros para sempre a vosa pegada.
Comezade a lembrar as datas e acontecementos máis importantes da vosa vida dende o principio (anota nun papel que te esqueces de algo, seguro).
A continuación organiza a información por orde cronolóxica, é dicir, do máis antigo ao máis recente.
Escribe procurando non repetir palabras, usando signos de puntuación e revisando a ortografía. Coida a túa redacción.
Como seguro que contabades ver esta publicación algo antes, direivos que a data máxima de entrega é o 16 de xaneiro.
Unha aperta xigante!
Sonia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario