2.VOCABULARIO:
Palabra simples e palabras compostas
As palabras simples son as que están formadas por un só lexema, que pode ir acompañado por morfemas flexivos: sol, rapaz-a
As palabras compostas son aquelas que están formadas pola unión de dúas ou máis palabras simples:catasol = cata + sol
lgúns exemplos de palabras compostas en galego son:
escornabois, quitamerendas, bulebule, montacargas, escarvadentes, gardameta, lavalouzas, portaenxertos, repousabrazos, limpaparabrisas, pinchacarneiro, viravolta, pasamontañas, gardamontes, quitaneves...
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Copiar despois da folla que pegaches hoxe na clase:
Conxuncións
As conxuncións son palabras invariables que serven para unir palabras ou oracións.
Algunhas conxuncións son: e, ou, pero, que, porque...
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Actividade para facer:
Analiza morfoloxicamente as oracións:
MAría comeu bastante
Estou lendo un libro ben divertido.
O bebé dorme moi mal polas noites.
Ningún comentario:
Publicar un comentario