Facer unha presentación tal e como falamos na clase:
A IDADE MODERNA
Desde mediados do século XV, grandes cambios anunciaron o
paso da Idade Media á Idade Moderna:
·
Cambios culturais. En 1450, Gutenberg inventou a imprenta o que permitiu aos humanistas estudar a Cultura Clásica
(Grega e romana) dando lugar ao Renacemento,
no que se fixeron progresos científicos
e culturais.
·
Avances na
navegación, que permitiron o comercio
con territorios afastados e o descubrimento de novas rutas e continentes.
·
Cambios políticos: importancia das monarquías autoritarias que fomentan o comercio e os descubrimentos.
·
Cambios sociais: Perda do poder
da nobreza fronte a monarquía e enriquecemento da burguesía.
·
A sociedade divídese en dúas clases:
o privilexiados (nobreza e
clero): non pagaban impostos
o non privilexiados (comerciantes, artesáns e campesinos)
Etapas da Idade Moderna:
·
Renacemento (s.
XVI): Interese por Grecia
e Roma e formación das monarquías autoritarias.
·
Barroco (s. XVII): Período de crise e desenvolvemento cultural.
·
Ilustración (s.
XVIII): Poder absoluto
da monarquía, as cales modernizan os
países mediante reformas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario