Ciencias Sociais
Para aqueles ou aquelas que queiran enterarse un pouquiño máis están estes enlaces a vídeos.
1.-A sociedade na Idade Moderna
2.- Características da I.Moderna
Preguntas sacadas da folla que vos din e que son as que van caer no control:
- Cales son as etapas de Historia e cando empeza e remata cada unha?
- Etapas da Idade Moderna (séculos e nome de cada unha)
- Acontecementos importantes durante o reinado dos Reis Católicos.
- A onde pretendía chegar Cristovo Colón cando emprendeu a viaxe que o levou a América?
- Cal é o nome dos 5 reis chamados Austrias?
- Cal foi o primeiro rei Borbón?
- En que século se fala do Imperio español, non que nunca se puña o sol? Por que se dicía iso?
- En quen deixaron o poder, durante o século XVII, os reis Felipe III e Felipe IV?
- Por que España deixou de ser un gran imperio ?
- Que guerra hai ao morrer Carlos II sen descendencia?
- Durante o XVII en España fálase do Século de Ouro da literatura. Escribe o título de 2 obras moi importantes. (falamos delas en clase)
- A arte do século XVI enmárcase dentro dun movemento chamado?
- A arte do século XVII enmárcase dentro dun movemento chamado?
- A arte do século XVIII enmárcase dentro dun movemento chamado?
O LUNS POÑO AS PREGUNTAS SOBRE O SÉCULO DA ILUSTRACIÓN E REVISAMOS OS TRABALLOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario