martes, 24 de marzo de 2015

Capítulo 7: Hª dunha gaivota

Unha vez alí dentro
viron a Sabelotodo
que estaba moi enfadado
cos devoradores de mapas.
Pensaba en organizar
por comerse a Madagascar
a súa vinganza terrible
cunha batida de ratos.

A Sabelotodo, eles o problema contaron
buscaron na enciclopedia: tomos sete e dezasete,
letra G de gaivota, letra P de petróleo
pero nada, nada encontraron.

Buscar por Q de quitamanchas
parecía unha idea xenial.
Ocurriuselle a Colonello
esta vez a enciclopedia non lles fallará.

Sabelotodo buscou
e no tomo dezaoito puideron ler
o petroleo desaparece
cando a bencina o vence.

Secretario sería o encargado
metería na bencina o seu rabo
a cambio dunha dobre ración de fígado
que solo el degustaría.


Ningún comentario:

Publicar un comentario