martes, 3 de marzo de 2015

Capítulo 2 en verso (Hª de una gaviota)

CAPITULO 2



- “Xa que nos imos de vacacións,

na miña mochila  decidirei que levar;

Botareite moito de menos

Dáme pena  deixarte”.



O  gato (grande, negro e gordo)  mirábao.

As galletas regaladas  gustábanlle,

pero máis lle agradaba aquel neno que o coidaba.



Pasaban xuntos  moitas horas

e miraban os barcos no porto.

Un con surcar os mares soñaba,

O outro, ronroneaba.



Zorbas non esquecía a aquel , a quen a súa vida debía.

Moi pequeno abandonou a canastro familiar:

quería probar unha cabeza de pescado

e logo compartila cos tódolos seus irmáns.



Días antes,  mamá xa o avisara:

-“Áxil e esperto es,

non debes saír do canastro

se vivir  queres ben.

Sorte é nacer nun porto

como o  de Hamburgo,

cheo de gatos que o protexen.

Pero coidado has de ter.

Pola túa cor negra

malpocado podes

chegar a ser”.



Zorbas esqueceu a conversa de mamá,

do canastro saíu, pero lonxe non chegou.

Intentou  coller o peixe pero un pelicano o atrapou;

dentro da bolsa Zorbas intentaba razoar

e finalmente  o paxaro non o merendou

grazas a un neno que polo cocote o liberou.

Rematou así a aventura e comezou unha bonita amizade

que cinco anos dura xa.

Pensativo estaba Zorbas, 

enmarañado nos seus recordos ,

cando  o espertou unha caricia

do seu  amigo, neno, que xa marchaba.

Catro semanas, o  gato,  só estaría

E  amo e señor da casa sería. 

(Iván)

Ningún comentario:

Publicar un comentario