A
excreción
A excreción consiste na expulsión, por parte
do corpo, das substancias de refugallo que
non necesita ou que poden resultarlle perxudiciais.
O noso organismo elimina os refugallos de distintas formas:
• O dióxido de carbono do sangue elimínase a través do aparato respiratorio.
• O resto de refugallos elimínase no ap.
excretor que está formado por:
◦ O sistema urinario: está formado polas
vías urinarias (uréteres, vexiga e uretra) e os riles.
Riles: dous órganos con forma de feixón que se encargan de filtrar o sangue.
Uréteres: son dous tubos que comunican os riles coa vexiga.
Vexiga urinaria: cavidade musculosa con forma de bolsa que almacena a urina.
Uretra: conduto que comunica a vexiga co exterior.
◦ A pel: é o maior órgano
do corpo humano. As glándulas sudoríparas segregan suor,
unha mestura de toxinas e auga, que é expulsada ao exterior do corpo a través
dos poros da pel. A suor tamén regula a temperatura corporal.


Ningún comentario:
Publicar un comentario