venres, 24 de decembro de 2021

Tarefas de NAdal

 Ola a tod@s!

Este é o libro que decidimos por maioría aplastante ler á volta do Nadal. Pedídello a Papá Noel, aos Reis ou se volo deixa alguén pois xenial!



Durante as vacacións aproveitade para xogar moito (non me refiro a videoxogos somentes), estar coa vosa familia, facer cousas xuntos como cociñar, saír á natureza, facer fotos deses momentos...

De traballo do colexio:


1.Repaso de Matemáticas: 

 Para repaso de fraccións elixide a ficha para imprimir ou a de liveworksheets e facédea.

 

-Ficha para facer actividades sobre fraccións online: aquí

-Repaso dos temas anteriores:


2. Amanda Black

Escribe o resumo do libro no portátil utilizando o editor de textos:  Open Office Writer ou nun folio.

O programa está dentro do apartado Aplicativos.

Fai un debuxo  (si, tamén hai que pintalo) relacionado co libro e no que se vexa tamén o título e autores do mesmo.


3. Práctica  co portátil

Entra en EVA en Ciencias Sociais e busca un apartado sobre os volcáns, mira os vídeos e le sobre o tema. 






Abre o programa no portátil Open Office Impress e intenta facer un pequeno traballo sobre o tema dos volcáns. Pequeno, repito, o obxectivo é familiarizarte co programa non facer unha presentación con moito contido. Aquí vos deixo unha axudiña:



NOTA: se internet non che funciona moi ben ou o portátil quedou na clase por algún motivo xustificado... non pasa nada! 

4. Ler: a lectura sempre é un súper recurso para viaxar sen saír da casa. 


Cargade moito as pilas, tede  precaución e disfrutade moito da vosa familia e amig@s!
Un abrazo xigante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario