mércores, 1 de decembro de 2021

Mércores, 1 de decembro

 Matemáticas:

 -Do tema 3 nº 33 e 34

-Tarefas para casa: páxina 55 nº 1 e 4

 

Lingua Galega:

 -Repasamos a rima   neste poema:

Noite infernal,
negra e fantasmal.

Noite meiga,
cunha lúa de manteiga.

De bruxas e pescadores
que buscan os seus amores.

Aparece o sacaúntos
arraxando os seus asuntos.

Unha pantasma
que padece de asma.

E o señor Belcebú
acendendo un calecú.

 Santiago Freire, Martingadas, poemas para nenos. Morgante, 2010. 

 

 -Empezamos cos descrición de obxectos. Fixemos por equipos unha descrición.

Primeiro vimos esta presentación sobre a descrición.



Ciencias Sociais:

Estivemos vendo os factores do clima e os climogramas. Fixemos a portada do tema 2 (O clima) e pegamos a teoría.

As tarefas para casa  son repasar o visto en Sociais.



Botámosvos de menos, Dafne e Manuel!

Biquiños de todos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario