mércores, 30 de xuño de 2021

Repaso durante o verán



Durante as vacacións de verán non esquezades...

- Ler de todo (revistas, libros...)

- Sorrir tódolos días e ter boa cara para todo o mundo; estás de vacacións!

- Xogar moito, moito, moito...

- Disfrutar con cada momento.

- Pasar tempo coa familia, falar co avó, avoa, bisa...(pregúntalle moitas cousas das súas vidas que non

saibas, elabora a túa árbore xenealóxica se non a fixeches!)

- Facer novos amigos e amigas.

- Aprender cousas da vida cotiá ( a cociñar algo coa axuda dun maior, calcular o prezo nas rebaixas,

traballa na horta familiar, fai manualidades, axuda a papá e mamá...)

- Fotografía os teus grandes momentos do verán

- Pinta, debuxa, papiroflexia…

- Escoita música, todo tipo de música!

- Lembra ver a chuvia de estrelas de San Lorenzo

- Podes facer un DIARIO do teu verán, asegúroche que non te arrepentirás de telo escrito.


Para repasar o aprendido aquí quedan estos caderniños :





Referencias:
178644
ISBN 978-84-675-9333-4

178619
ISBN 978-84-675-9327-3

Ningún comentario:

Publicar un comentario