O conflito xorde entre dúas ou varias persoas cando as súas ideas, opinións ou percepcións sobre algo son incompatibles, opostas ou diferentes.
Como podemos solucionar un conflito?
- Escoita. Xorden opinións comúns que benefician a ambas as dúas partes. Ten que existir vontade de escoitar e querer solucionar o problema.
- Retirada. Esta técnica utilízase pola necesidade de calma para solucionar un conflito. Exemplo: dúas persoas están discutindo e unha estase poñendo moi nerviosa, polo que a outra decide retirarse para dar un tempo a que todo se calme e despois poder falar dunha forma pacífica.
- Conciliación. Significa chegar a un “acordo”.
- Compromiso.
Ter o propósito de seguir neste camiño de solucionar os conflitos dunha
forma pacífica, analizando os sentimentos e puntos de vista de ambas as
dúas partes e usando a linguaxe positiva na comunicación de
pensamentos.
RUIZ MATEO, Alicia. Los conflictos en la educación primaria. ¿Cómo podemos resolverlos?, 2009.
SERRANO BRAVO, Fernando. Inteligencia emocional y resolución de conflictos, 2012.
Le con atención este relato:
Xavier ten 10 anos e Anxo ten 11. Son moi amigos, pero o outro día comezaron a discutir por un rumor. Anxo pensaba que Xavier lle dixera a outros compañeiros que non o escolleran para xogar ao fútbol porque o facía moi mal.
Na discusión poñíanse cada vez máis nerviosos e ata chegaron a pelexar e a facerse dano. Anxo acabou cun ollo morado e Xavier cunha ferida no xeonllo.
Os profesores castigáronos e chamaron aos seus pais para comunicárllelo.
Agora contesta as seguintes preguntas no teu caderno:
- Cal foi a causa que orixinou o conflito entre Anxo e Xavier?
- Como cres que se senten os protagonistas desta historia?
- Como solucionarías ti este conflito dunha forma pacífica?
Lede esta noticia con atención:
En grupos de 3 teredes que buscar unha solución a este problema. Tede en conta:
- Os sentimentos e emocións das persoas.
- A utilización da linguaxe positiva na comunicación.
- A resolución de conflitos de forma pacífica e democrática.
Creade mensaxes positivas para evitar este tipo de conflitos.
2. Que é un mediador?

A mediación é un método para a resolución de conflitos, no que unha terceira persoa allea ao problema escoita as partes do conflito, facilitando a comunicación e axudándoos a negociar.
As principais tarefas do mediador son:
- Escoitar.
- Analizar o problema.
- Axudar a reflexionar.
- Chegar a acordos e solucionar o conflito.
Cales son as fases da mediación?
| Fase 1 | Axudar a que cada unha das partes exprese a súa visión sobre o problema. |
| Fase 2 | Procurar que cada unha das partes intente poñerse no lugar da outra, analizando os seus sentimentos e pensamentos. |
| Fase 3 | Axudar a atopar posibles solucións. |
Quero ser mediador. Como podo aprender?
Le con atención o seguinte texto:
Marta e Susana eran moi amigas, pero desde a excursión de fin de curso comezaron a distanciarse porque Marta coñeceu novos amigos e Susana púxose moi celosa. Desde ese momento tiveron moitas discusións entre elas. A última foi no aniversario de Marta. Ela convidou os seus novos amigos e Susana sentiuse nun segundo plano. Desde aquela xa non se falan.
| 1. Que técnicas utilizarías para a recollida de información? | |
| 2. Ponte no lugar de cada unha das protagonistas. Como pensas que se senten Marta e Susana? | |
| 3. Define o problema. | |
| 4.Como poderías lograr que as dúas amigas falen de novo? | |
| 5. Concreta posibles solucións ao problema. |

Ningún comentario:
Publicar un comentario