martes, 14 de abril de 2015

Capítulo 1. ( 2ª parte) - Hª dunha gaivota



Zorbas  paciente esperaba

mentres o ovo incubaba

cando  o amigo da familia

un día de súpeto  entrou.



O gato que era moi listo

Fixo o posible para que o ovo

Non puidera ser visto

E o froiteiro rompeu.



Despois dun tempo

Que se facía interminable

Naceu, por fin, un poliño

 Que a Zorbas  mamá chamou.



O pequeno veu ao mundo  famento

 E “mami” púxose a cazar moscas

Así o paxariño vivía contento

E na súa barriga durmido quedaba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario