martes, 14 de abril de 2015

Capítulo 3 e 4 (2ª parte Hª dunha gaivota)


Ao segundo día de vida do poliño
chegou novamente o amigo da familia
e a historia complicouse un pouquiño


Zorbas pousouse nunha maceta
e meteu alí dentro ao pequeniño
esperando que non o descubrira.


Outro día os gatos facinerosos
querían comer ao poliño
mentres o gato Zorbas
atrapaba nas moscas.

Con tantos perigos
na casa de Zorbas
non debía vivir
por iso ao bazar de Harry
todos decidiron ir.

Aínda que alí o esperaban
por milleiros as ratas
no soto das caracolas
detras do arcón pirata.

Firmou Zorbas un trato
co gran xefe das ratas:
elas xuraron non facer dano ao poliño
a cambio de vía libre para o patio poder cruzar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario