Conceptos básicos:
· Universo: conxunto dos corpos celestes, a materia e a enerxía que se encontran no espazo.
· Big Bang: Teoría que explica a orixe do universo hai uns 15 mil millóns de anos a partir dunha gran explosión. Ó expandirse e enfriar, a materia formou as galaxias, as estrelas, os planetas e os demais corpos.
· Galaxia: conxunto de millóns de estrelas que emiten luz e calor, planetas, satélites, asteroides, cometas, gases e po.
· Vía láctea: é a nosa galaxia.
· Sistema solar: sistema formado polo sol e os planetas e outros corpos que xiran arredor del.
· Planetas: corpos que xiran arredor do sol. Son oito: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
· Estrela: gran esfera de gas a alta temperatura que emite luz. Cando o gas se acaba a estrela apágase. A estrela máis próxima á terra é o sol
· Satélite: corpo que orbita arredor dun planeta. Ex. a Lúa.
· Meteorito: Fragmento de rocha que viaxa polo espazo e cae sobre un planeta.
· Cometa: Corpo composto de rocha, xeo e po que xira arredor dunha estrela en órbitas xigantescas. Canto se achega á estrela o xeo convértese en gas e fai que apareza a cola do cometa.
· Asteroide:Obxecto rochoso ou metálico menor ca un planeta que orbita arredor do sol.
· Terra: é un planeta de rocha cuberto de auga e rodeado dunha atmosfera que o protexe do espazo exterior. É o noso fogar no universo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario