Conceptos básicos
Todos os seres vivos realizan unha serie de funcións chamadas funcións vitais. Son tres:
· Nutrición
· Relación
· Reprodución
A función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes e, en enerxía.
A función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio como no interior do organismo e reaccionar ante eles.
A función de reprodución permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles.
O tamaño dos seres vivos
Os seres vivos que se distinguen a simple vista chámanse seres macroscópicos. Os seres que non se ven son os seres microscópicos. Para observalos precísase un instrumento chamado microscopio.
Que é unha célula?
A célula é a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese.
Todos os seres vivos estamos formados por células.
Células animais e vexetais
Ningún comentario:
Publicar un comentario