domingo, 7 de febreiro de 2021

Pequena investigación sobre a Atlántida

 





Fai unha presentación en Impress na que plasmes a túa pequena investigación sobre a Atlántida. Lembra que tés que coidar a presentación, escribe só cousas que entendas, engade fotos, revisa a ortografía e ao final engade a webgrafía.


Información que debe conter:

  1. Que é.
  2. Quen foi o primeiro que falou da Atlántida e en que texto se atopa ese testimonio. Engade unha foto súa e as datas de nacemento, falecemento e lugares.
  3. Chamouse Atlántida en honor ao seu primeiro rei. Quen foi e como chegou a selo?
  4. Quen era o pai do rei Atlante?
  5. Como  se chaman os habitantes da Atlántida?
  6. Características dos Atlantes.
  7. Escribe unha pequena descrición da Atlántida.
  8. Segundo a lenda, a Atlántida desapareceu da noite para a mañá. Como se produciu esta desapararicións segundo as historias que se contan?
  9. Cal é o motivo da súa desaparición segundo estas historias e quen os castigou para sempre?
  10. Existiu realmente ou non?
  11. En que sitios se ten ubicado á Atlántida? Algún deles en España?
  12. Engade fotos que atopes interesantes.


1 comentario: