venres, 19 de febreiro de 2021

Venres

 Ciencias da Natureza:

Copiar esta teoría:


Os métodos anticonceptivos

Os métodos anticonceptivos utilízanse para evitar o embarazo. Os principais son os seguintes:

·        preservativo: é unha funda fina de látex que se coloca no pene e impide o paso dos espermatozoides aos xenitais femininos. Aínda que menos coñecido, tamén existe o preservativo feminino, que se coloca na vaxina. O preservativo é o único método eficaz para previr as enfermidades de transmisión sexual.

·        dispositivo intrauterino (DIU): ten forma de T ou áncora para axustarse á cavidade uterina.

·        As pílulas anticonceptivas: débense tomar cada día.

 

As enfermidades do aparato reprodutor

O aparato reprodutor pode padecer diferentes enfermidades que alteran o seu funcionamento e impiden a reprodución. Ademais, tamén pode sufrir enfermidades contaxiosas transmitidas xeralmente a través das relacións sexuais, as chamadas enfermidades de transmisión sexual (ETS). Moitas delas tamén se transmiten a través do sangue ou da nai ao feto durante o embarazo. Estas enfermidades son producidas por bacterias, fungos ou virus.

As máis común son: gonorrea,sífilis, papiloma humano, hepatite ou a sida.

A sida e a ETS máis coñecida producida por un virus chamado VIH (virus de inmunodeficiencia humana). Este virus ataca os glóbulos brancos, as células do sistema inmune encargadas de defendernos durante unha infección. Ao non poder defenderse, o corpo pode ser atacado por enfermidades que, en situacións normais, non serían graves, pero que nos pacientes con sida poden causar a morte.

SE XA COPIACHES AGORA VAI AO LIBRO E FAI AS ACTIVIDADES ONLINE DO TEMA

 

 

 

 

LINGUA GALEGA

Lectura tema 6 e actividades sobre a lectura na libreta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario